Bolsas para a realización de actividades de carácter formativo para o estudantado de Grao e Máster, 2025-2026
| Tipo | Bolsa de estudo |
| Organismo convocante | Universidade de Vigo |
| Código | 2025_2026_Actividades_formativas |
| Data inicio solicitudes | 28/04/2026 |
| Data fin solicitudes | 02/06/2026 |
| Enderezo formulario para solicitude online | https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/bolsas/convocatorias/index |
| Descripción | OBXECTO A presente convocatoria está prevista no Plan Estratéxico de Subvencións da Universidade de Vigo como acción destinada ao cumprimento do obxectivo “captar estudantado con talento e garantir o acceso universal á educación pública universitaria”, a través do fomento da participación do estudantado en proxectos e eventos de carácter cultural, científico, de especialización ou perfeccionamiento que complementen a súa formación académica. Establécense 3 modalidades en función da súa finalidade:
Quedarán excluídas da presente convocatoria as prácticas externas curriculares e extracurriculares, as actividades relacionadas coa participación en programas de mobilidade tanto nacional como internacional, os cursos de idiomas, e os cursos de formación permanente da Universidade de Vigo. |
| Requisitos | Poderán solicitar bolsa o estudantado que cumpra os seguintes requisitos: a) Atoparse nalgún dos seguintes casos no prazo de presentación de solicitudes
b) Estar matriculado/a no curso 2025/2026 en titulacións oficiais de grao ou máster universitario en centros propios, ou en centros adscritos de titularidade pública que imparten titulacións oficiais non impartidas en centros propios (Enfermaría Ourense, Enfermaría Pontevedra e Enfermaría Meixoeiro). c) Estar matriculado no curso 2025/2026 dun mínimo de 45 créditos ou do máximo que lle permita a normativa da Universidade de Vigo. d) Presentar unha proposta de actividade realizada ou a realizar entre o 1 de setembro de 2025 e o 31 de outubro de 2026 (Anexo II), das descritas no punto 1 desta convocatoria, a cal deberá iniciarse antes do 1 de setembro do 2026. e) Contar co informe favorable do/a decano/a ou director/a do centro no que o/a estudante realice os estudos. |
| Documentacion | 1. A solicitude realizarase a través do formulario en liña dispoñible na secretaría virtual da Universidade https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/bolsas/convocatorias/index / Bolsa actividades de carácter formativo. 2. O prazo de presentación das solicitudes comeza o día seguinte a publicarse esta convocatoria , rematando o 2 de xuño de 2026 ás 23:59 horas (hora peninsular española). 3. No formulario en liña achegarase a seguinte documentación:
|
| Observacións | O prazo de presentación das solicitudes comeza o día seguinte a publicarse esta convocatoria e rematará o 2 de xuño de 2026 ás 23:59 horas (hora peninsular española). |
| Prazo para resolver | 3 meses |
| Silencio administrativo | Desestimatorio |
| Documentos da convocatoria | |
| Ligazóns da convocatoria | |
| Teléfono: | 986 81 40 94 |
| Web: | https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-estudo |
| Correo electrónico: | bolsasformacion@uvigo.es |
| Enlace a taboleiro: | https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=50693902 |
| Calendario de bolsas: | https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/transparencia/agenda/7 |