Bolsas de Mobilidade en proxectos de cooperación curso 25/26
| Tipo | Mobilidade estudantes |
| Organismo convocante | Universidade de Vigo |
| Código | 2025_2026 Mobilidade en proxectos de cooperación |
| Data inicio solicitudes | 15/04/2026 |
| Data fin solicitudes | 11/05/2026 |
| Enderezo formulario para solicitude online | https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/bolsas/convocatorias/index |
| Descripción | O obxectivo desta acción é a sensibilización do estudantado a través da súa participación nos proxectos de Cooperación internacional para o Desenvolvemento, co fin de que integren elementos teóricos e prácticos adquiridos na súa formación académica e contribúan como universitarios e cidadáns comprometidos cos retos globais contidos na Axenda 2030. Por medio desta bolsa o estudantado de Grao e Máster universitario da Universidade de Vigo poderá realizar unha estadía vinculada a un axente de cooperación no marco dun proxecto ou acción de cooperación nun pais dos sinalados nesta convocatoria, e que o traballo que desenvolva sexa validado no marco de traballos de fin de carreira, prácticas, ou traballos recoñecidos no marco de materia. |
| Requisitos | Poderá solicitar bolsa o estudantado que cumpra os seguintes requisitos:
Non poderán ter a condición de beneficiario/a as persoas nas que concorra algunha das circunstancias establecidas no artigo 13.2 da Lei 38/2003 Xeral de subvencións, de 17 de novembro. |
| Documentacion | As persoas solicitantes deberán cubrir o formulario en liña dispoñible na secretaría virtual da Universidade https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/bolsas/convocatorias/index Bolsa de mobilidade proxectos cooperación O prazo de presentación de solicitudes comeza o día seguinte a publicarse esta convocatoria e finaliza o 11 de maio de 2026 ás 23:59 horas (hora peninsular española). No formulario en liña achegarase a seguinte documentación:
|
| Observacións | Obrigas: A persoa beneficiaria da bolsa deberá: 1) Antes da estadía: a) Asistir á formación organizada pola UVIGO e a entidade de cooperación. b) Xestionar a súa viaxe, aloxamento, vacinacións e de ser o caso tramitar o visado e realizar calquera outra xestión necesaria para asegurar a permanencia no destino durante a duración do estadía. c) Comunicar calquera proposta de cambio de datas, que deberá ser autorizada previamente. 2) Durante a estadía: a) No momento da súa chegada ao pais de destino deberá enviar por correo electrónico a bolsasformacion@uvigo.gal xustificante de inicio de estadía asinado polo/a titor/a da entidade de acollida b) Cumprir co plan de traballo presentado na solicitude. Calquera modificación (de datas, centro de destino...) deberá ser autorizada pola vicerreitora de Extensión Universitaria á vista dos informes dos/as titores/as. c) Cumprir a normativa vixente relativa ás prácticas externas establecidas pola universidade de Vigo, responsabilizándose da tramitación dos documentos que corresponda. 3) Ao finalizar a estadía: a) Presentar un informe do/a titor/a da entidade de acollida que recolla a data de fin da estadía e o grao de desempeño. b) Presentar unha memoria xustificativa do traballo realizado, resultados acadados e coñecementos adquiridos, que deberá contar co visto e prace do/a profesor/a. c) Cubrir unha enquisa de satisfacción ao regreso da estadía. 4) Deberá presentar na Vicerreitoría de Extensión Universitaria documentación visual da súa estadía (fotografías ou vídeos en formato .JPG) e da súa participación no En todo o material que se xere das actividades que se desenvolvan no marco desta convocatoria deberá constar que se levaron a cabo con financiamento da Universidade de Vigo. 5) Participar, no caso de que se lle requira, nunha actividade de sensibilización que determinará a Vicerreitoría de Extensión Universitaria, na que relatará a súa experiencia no terreo. 6) Defender o traballo fin de estudos, matricularse/recoñecer as prácticas, ou a materia relacionada coa actividade, segundo sexa o caso, no curso 2025/2026 ou 2026/2027. Ademais a persoa beneficiaria debe cumprir as obrigas recollidas no artigo 14.1 da Lei 38/2013, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, que lle sexa de aplicación. |
| Prazo para resolver | 3 meses |
| Silencio administrativo | Desestimatorio |
| Documentos da convocatoria | |
| Ligazóns da convocatoria | |
| Teléfono: | 986 81 40 94 |
| Web: | https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-mobilidade |
| Correo electrónico: | bolsasformacion@uvigo.gal |
| Enlace a taboleiro: | https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=50429765 |
| Calendario de bolsas: | https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/transparencia/agenda/7 |