Secretaría Uvigo

Bolsas para o estudantado participante no plan integral de preparación e acreditación do inglés (PIPA) curso 25/26

TipoBolsa de estudo
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2025_2026 Bolsas CertAcles B1-B2-C1
Data inicio solicitudes13/02/2026
Data fin solicitudes26/02/2026
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/bolsas/convocatorias/index
Descripción

OBXECTO

Estas bolsas teñen por obxecto mellorar a competencia en inglés do estudantado que inicia estudos universitarios oficiais de Grao.

Requisitos
  1. Estar matriculado/a no curso 2025/2026 en primeiro curso por primeira vez en titulacións de Grao da Universidade de Vigo.
  2. Estar matriculado no Curso de formación de preparación do CertAcles B1, B2 e C1 do Centro de Linguas no prazo de presentación de solicitudes.
  3. Non poderán ter a condición de beneficiario/a as persoas nas que concorra algunha das circunstancias establecidas no artigo 13.2 da Lei 38/2003 xeral de subvencións, de 17 de novembro.
Documentacion

A solicitude realizarase a través do formulario en liña dispoñible na secretaría virtual da Universidade no seguinte enlace: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/bolsas/convocatorias/index /Bolsa CertAcles Inglés

O modelo específico de presentación de solicitudes é de uso obrigatorio para as persoas interesadas neste procedemento (art. 66.6 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas).

Observacións

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte a publicarse esta convocatoria e rematará o 26 de febreiro de 2026 ás 23:59 horas (hora peninsular española).

A contía individual máxima da bolsa será de 113,24 € que inclúen:

    • importe da matrícula do curso de preparación (48,24€) e
    • a inscrición no exame correspondente (65€)
Prazo para resolver3 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.gal
Teléfono: 986 81 40 94
Web: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-estudo
Enlace a taboleiro: https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml;jsessionid=0FA6B0ED4B8BD793DAFFA8E136417D4C?idtaskdata=48921753
Axenda bolsas: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/transparencia/agenda/7

04/03/2026 Listaxe provisoria de solicitudes admitidas e excluídas

Observacións

Enlace ao taboleiro

Prazo de alegacións a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución e ata o día 18 de marzo ás 23:59 horas (hora peninsular española) para, de ser o caso, emendar os erros, as causas de exclusión e a falta de documentación. Para tal fin deberán empregar o formulario de alegacións existente na Secretaría Virtual.

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás