2º Concurso público de acceso a prazas de corpos docentes universitarios PROFESORES TITULARES DE UNIVERSIDADE reserva I3/R3 (TU2502)
| Tipo | Concursos de profesorado |
| Organismo convocante | Universidade de Vigo |
| Código | TU2502 |
| Data inicio solicitudes | 23/02/2026 |
| Data fin solicitudes | 23/04/2026 |
| Descripción | RESOLUCIÓN de 10 de febreiro de 2026, da Universidade de Vigo, pola que se convoca concurso de acceso a prazas de corpos docentes universitarios, reserva I3/R3 (TU2502). Enlace á convocatoria en BOE de 21 de febreiro de 2026 Modificación da mesma en BOE de 19 de marzo de 2026 (afecta ás prazas convocadas con números 1, 2, 3, 4, 5, 9, 10 e 11) Corrección de erros da modificación en BOE de 26/03/2026 |
| Requisitos | Os establecidos na base segunda da convocatoria |
| Documentacion | A establecida na base terceira da convocatoria. Presentarase única e exclusivamente a través de sede (ver apartado Observacións) |
| Observacións | Con data 19/03/2026 modifícase o perfil de acceso das prazas convocadas como números 1, 2, 3, 4, 5, 9, 10 e 11, requiríndose unicamente estar en posesión de certificado r3/i3. Como consecuencia: a) Ábrese novo prazo de solicitudes para estas 8 prazas de 20 días hábiles a que polo tanto pechará o 23/04/2026. Non obstante o anterior, aquelas persoas que xa levaran a cabo os oportunos trámites (inscrición, pagamento e presentación en sede) NON terán que volver facelo, sendo válidas as actuacións previas. b) As outras tres prazas (as convocadas como números 6, 7 e 8) non se ven afectadas, polo que o prazo de presentación de solicitudes será o inicial, pechando o 23/03/2026. O procedemento continuará para elas de xeito separado. Paso 1. Inscrición: cobertura do formulario e pagamento das taxas a través de: Paso 2. Presentación de solicitude e demais documentación esixida na convocatoria: a través da sede electrónica da UVigo Ambos pasos deben levarse a cabo dentro do prazo de presentación de solicitudes . Téñase en conta que para as prazas convocadas con números 6, 7 e 8 o prazo remata o 23/03/2026; para o resto, o 23/04/2026 (modificacion BOE 19/03/2026) |
| Prazo para resolver | 6 meses |
| Silencio administrativo | Desestimatorio |
Currículos dos membros da comisión
| Descrición | |
Consonte co disposto no artigo 34.3 do RD 678/2023, a través do seguinte hipervínculo (CV TU2502) poderase acceder ao currículo das persoas integrantes das comisións de selección. |
Listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas (parcial 1 de 2)
| Observacións | |
Prazo de subsanacións: do 25 de marzo ao 7 de abril de 2026 (ambos inclusive) | |
| Documentos da fase da convocatoria: | |