Secretaría Uvigo

Axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral da Xunta de Galicia_Procedemento interno

TipoRecursos Humanos
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoPOSDOU_XUNTA_2026
Data inicio solicitudes30/01/2026
Data fin solicitudes12/02/2026
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://sede.uvigo.gal/public/catalog-detail/48604873
Descripción

Convocatoria de axudas pola Xunta de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva, para a contratación de persoas tituladas superiores que obtiveran o recoñecemento do título de doutora ou doutor para a súa formación nos centros, unidades ou departamentos das universidades do SUG permitindo nunha primeira fase a mellora das súa capacidades mediante estadías de investigación posdoutoral no estranxeiro. Así mesmo terá como finalidade darlle continuidade á súa carreira investigadora, nunha segunda fase da axuda, que posibilitará un perfeccionamento na súa formación e o establecemento dunha liña de investigación propia que lles permita, nun futuro, consolidar a súa traxectoria.

Requisitos

a) Que a data de finalización dos estudos conducentes á obtención do título de licenciatura,
grao ou equivalente que lle deu acceso ao doutoramento sexa igual ou posterior
ao 1 de xaneiro de 2015.
b) Estar en posesión do grao de doutoramento e que este fose obtido na data igual ou
posterior ao 1 de xaneiro de 2021. Entenderase como data de obtención do título de doutoramento
a data de lectura e aprobación da tese de doutoramento.
A data de obtención do título universitario oficial de doutoramento poderá ser anterior
ao 1 de xaneiro de 2021, pero deberá ser igual ou posterior ao 1 de xaneiro de 2019, no
caso das persoas tituladas que acrediten fidedignamente algún dos seguintes supostos:
– Que se atopaban de baixa maternal ou que tiñan a cargo menores de tres anos entre
o 1 de xaneiro de 2019 e o 31 de decembro de 2020.
– Que teñan recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 33 por cento.
– Que interromperan a súa formación por causa dunha enfermidade grave ou que se
dedicaran á atención de persoas maiores da familia en primeira liña parental.
No caso das persoas candidatas que estean en posesión de máis dun título de doutoramento,
os requisitos expresados referiranse ao primeiro dos doutoramentos obtidos.
c) Non se admitirán como candidatas a ser destinatarias destas axudas persoas que
teñan ou tivesen algún tipo de contrato de investigación posdoutoral dentro dunha convocatoria
de recursos humanos correspondente á etapa posdoutoral. Inclúense nesta incompatibilidade,
entre outras, as axudas posdoutorais de convocatorias de concorrencia competitiva de ámbito nacional ou autonómico.

E, en particular, non se admitirán:
– Contratos posdoutorais que recollan estadías en centros de investigación no estranxeiro
de dous ou máis anos de duración, computado de xeito individual nun só período
de dous ou máis anos de duración ou conxuntamente, se as axudas e/ou contratos prevén
o seu desenvolvemento en períodos fraccionados. Así mesmo, se o título de doutoramento
foi obtido nunha universidade estranxeira, ademais de cumprir co disposto no artigo 7.c)
destas bases, non se admitirán contratos posdoutorais de dous ou máis anos de duración
computados de xeito individual nun só período de dous ou máis anos de duración ou
conxuntamente, se as axudas e/ou contratos prevén o seu desenvolvemento en períodos
fraccionados.
– Axudas e/ou contratos posdoutorais no estranxeiro que prevexan ou teñan unha duración
igual ou superior a dous anos, computado de xeito individual nun só período de dous
ou máis anos de duración ou conxuntamente se a axuda e/ou o contrato prevé o seu desenvolvemento
en períodos fraccionados; ou se a parte contratante e o obxecto deste son
os mesmos en varios contratos sucesivos.
No caso das persoas candidatas que foron seleccionadas noutros programas de axudas
posdoutorais e que non houbesen asinado o contrato, deberán entregar unha xustificación
da non aceptación da axuda e/ou renuncia ante o organismo correspondente en que figure
a data en que se produciu.
No anexo III indicado no artigo 7 destas bases deberán declararse todas as axudas,
contratos e/ou estadías de carácter posdoutoral que a persoa candidata obtiver con anterioridade
á presentación da solicitude de participación nestas axudas

 

Documentacion

As persoas interesadas que cumpran os requisitos deberán presentar unha declaración de interese conforme ao modelo facilitado, xunto cos documentos indicados no procedemento interno para a presentación de candidaturas, para o que o último día é 10 de febreiro de 2026.

Conforme ao establecido no procedemento interno para presentar unha candidatura pola Universidade de Vigo debe terse en conta o seguinte CALENDARIO PARA TRAMITACIÓN: 

- 12 de febreiro data límite para enviar o modelo de pertenza da persoa candidata ao grupo e campus dos recollidos no artigo 12.2.1 da convocatoria.

-20 de febreiro  data límite para compartir o borrador na sede da Xunta de Galicia.

Observacións

É responsabilidade das persoas interesadas en presentar unha candidatura ler con atención as bases que rexen a convocatoria.

É imprescindible seguir as indicacións contidas no procedemento interno publicado nesta convocatoria para poder presentar unha candidatura ás axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral da Xunta de Galicia pola Universidade de Vigo. 

Pedimos colaboración para facilitar os trámites e evitar subsanacións.

 

Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Secretaría Xeral de Universidades: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/48707
Atrás