Secretaría Uvigo

Axudas á etapa predoutoral da Xunta de Galicia 2026_procedementos internos

TipoRecursos Humanos
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoPREDOU_XUNTA_2026
Data inicio solicitudes30/01/2026
Data fin solicitudes10/02/2026
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://www.edu.xunta.gal/portal/node/48703
Descripción

Axudas destinadas ao apoio da etapa predoutoral para a contratación de persoas tituladas superiores para a súa formación co obxectivo da obtención do título de doutoramento e a adquisición das competencias e habilidades relacionadas coa investigación dentro dun programa de doutoramento. 

A duración do contrato non poderá ser inferior a un ano nin exceder os catro. Se se concertase un
contrato de duración inferior a catro anos, poderá prorrogarse sucesivamente sen que, en ningún
caso, as prórrogas poidan ter unha duración inferior a un ano. Sen prexuízo do anterior, no suposto
de que a persoa investigadora xa estivese contratada baixo esta modalidade e o tempo que reste ata
o máximo de catro anos sexa inferior a un ano, poderá concertarse o contrato ou a súa prórroga polo
tempo que reste ata os catro anos.

No caso de que a persoa contratada obteña o título de doutoramento, poderá acceder, dentro do contrato predoutoral, a un período de orientación posdoutoral por un período máximo de doce meses.

Requisitos

a) Ter nacionalidade dun Estado membro da Unión Europea. Non obstante, as persoas
non comunitarias poderán ser candidatas á axuda, aínda que para formalizar o contrato
deberán contar cos permisos necesarios de permanencia no país. O número máximo de
axudas que se lles concederán a cidadáns non comunitarios é o que se indica no artigo 4.2
desta orde.
b) Estar matriculadas nun programa oficial de doutoramento dunha universidade do
SUG para o curso 2025/26. Esta matrícula terá que estar formalizada necesariamente a
tempo completo antes da sinatura do contrato.
c) Que a data de finalización dos estudos de grao ou equivalentes no Espazo europeo
de educación superior (EEES) ou títulos equivalentes en sistemas universitarios estranxeiros
non adaptados ao Espazo europeo de educación superior (EEES), relacionados co
programa de doutoramento en que está matriculada a persoa candidata e que serviron
para o seu acceso, sexa igual ou posterior ao 1 de xaneiro de 2022. Enténdese como data
de finalización destes estudos a de superación da última materia para os completar. Esta
data poderá ser igual ou posterior ao 1 de xaneiro de 2019 non casos sinalados no artigo 2.4.c) da convocatoria.

d) Contar no expediente académico cunha nota media mínima igual ou superior a 7,5,
ou a 7 para as titulacións da rama de Enxeñaría e Arquitectura, calculada segundo o indicado
no artigo 6.A.1.c).
No caso das persoas candidatas cunha discapacidade igual ou superior ao 33 %, a nota
media mínima do expediente académico será de 6,5.

Conforme ao artigo 2.5 non se poderán presentar as persoas que estean en posesión dun título de doutoramento nin as que fosen contratadas noutras convocatorias estatais ou autonómicas de concorrencia competitiva de programas predoutorais ou de doutoramento industrial agás as axudas propias da Universidade de Vigo.

Documentacion

Prazo límite para presentar a declaración de intencións: 10 de febreiro de 2026. 

Prazo límite para enviar a seleccion.rhi@uvigo.gal a certificación de subvención do grupo ao que pertence a persoa que dirixe a tese: 10 de febrero de 2026. 

Prazo límite para compartir o borrador (e correo electrónico a seleccion.rhi@uvigo.gal): 20 de febreiro de 2026.

 

 

Observacións

Para poder presentar unha candidatura pola Universidade de Vigo, deben seguirse necesariamente as indicacións sinaladas no procedemento interno que se publica xunto con esta convocatoria.

Pedimos colaboración para facilitar os trámites e evitar subsanacións.

Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Secretaría Xeral de Universidades: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/48703
Atrás