Secretaría Uvigo

Convocatoria SICUE 2026/2027 (publicada 29/01/2026)

TipoMobilidade estudantes
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoSICUE 2026/2027
Data inicio solicitudes30/01/2026
Data fin solicitudes13/02/2026
Descripción

Resolución reitoral da universidade de vigo, pola que se fai pública a convocatoria do programa sicue de movilidade estudantil para o curso 2026-2027

Requisitos

Segundo o publicado na convocatoria

Documentacion

Segundo o publicado na convocatoria

Observacións

O prazo de presentación de solicitudes será do 30 de xaneiro ao 13 de febreiro de 2026

O estudantado interesado en participar nesta convocatoria, deberá cubrir o formulario que se atopa na súa Secretaría Virtual, no Portal Académico a través do Acceso Centralizado (Mobilidade) no prazo establecido.

Manual para obtención do Certificado de usuario da FNMT - Consultar aquí

Documentos da convocatoria

18-02-2026 R.R. Listaxe provisoria de solicitudes admitidas e excluídas

Descrición

As persoas interesadas poderán presentar alegacións no prazo de 5 días hábiles que comezarán a contarse a partir do día seguinte á publicación desta resolución. Estas alegacións deberán presentarse a través da sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) mediante instancia xenérica (SXER) dirixida á ORI. Este prazo é só para emendar as causas de exclusión das solicitudes. En ningún caso se admitirán cambios nos destinos indicados na solicitude orixinal nin a alteración da orde dos mesmos

Documentos da fase da convocatoria:

03-03-2026 R.R.Listaxe definitiva solicitudes admitidas e excluídas a trámite

Observacións

Enlace ao taboleiro da UVIGO

NON SON AÍNDA AS ADXUDICACIÓNS.

 Agora as persoas responsables de mobilidade dos centros revisaran que as solicitudes cumpran coas normativas de mobilidade dos respectivos centros e darán o seu Visto e Prace as que as cumpran.

 Publicaremos posteriormente as adxudicacións provisionais. Haberá un prazo de 10 días para alegacións.

Documentos da fase da convocatoria:

20-03-2026 R.R. Listaxes provisorias de adxudicación de prazas SICUE 2026/2027

Observacións

Enlace ao taboleiro

As persoas interesadas, de ser nececesario, poderán presentar reclamacións ata o 9 de abril de 2026. Estas reclamacións deberán presentarse a través da sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal ) mediante instancia xenérica (SXER) dirixida á ORI.

Finalizado o prazo de reclamacións, publicarase a resolución de adxudicación definitiva de prazas condicionada a que o estudantado que resulte asignado acepte ou renuncie da praza no prazo establecido na dita resolución. A falta de cumprimento deste trámite no prazo indicado implicará a renuncia á praza.

Nota: A ACEPTACIÓN/RENUNCIA da praza será DESPOIS do 09 de abril, cando se publique a listaxe de adxudicación definitiva.

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás