Secretaría Uvigo

Convocatoria 2025 de sexenios de investigación para o profesorado contratado doutor, permanente laboral e axudante doutor

TipoSexenios
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoSexenios investigación profesorado contratado 2025
Data inicio solicitudes09/01/2026
Data fin solicitudes22/01/2026
Descripción

Resolución de 7 de xaneiro de 2026 da Universidade de Vigo pola que se aproba a convocatoria para a presentación de solicitudes de avaliación da actividade investigadora para o profesorado contratado doutor, o profesorado permanente laboral e o profesorado axudante doutor correspondente ao ano 2025

Requisitos

Os establecidos na convocatoria (base 2).

Téñase en conta que a data de cumprimento de requisitos é o 31/12/2025.

Documentacion

A efectos de iniciación (solicitude de iniciación): o formulario establecido como anexo II da convocatoria

A efectos de avaliación: a establecida na convocatoria (base 3)

Non obstante o anterior, no caso de validación de sexenios obtidos noutra universidade ou institución: a establecida na convocatoria (base 9)

Observacións

1. FASE 1. SOLICITUDE DE AVALIACIÓN (ANTE A UNIVERSIDADE DE VIGO)

2. FASE 2. PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN PARA A AVALIACIÓN (ANTE A ANECA)

  • Prazo: do 9 de febreiro ao 2 de marzo de 2026 (ambos inclusive)
  • Lugar: a través da sede electrónica da ANECA.
  • Consultas: as persoas interesadas poderán dirixir a ANECA Responde calquera consulta relacionada coa aplicación informática ou co procedemento de avaliación.

    Observacións:

  1. A folla de servizos que se debe presentar debe ser posterior ao 7 de xaneiro de 2026
  2. Entre a documentación a presentar ante ANECA debe figurar, necesaria e obrigatoriamente, a autorización previa da Universidade de Vigo para continuar o procedemento.
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Atrás