Axudas ao estudo UVIGO 2025/2026
| Tipo | Bolsa de estudo |
| Organismo convocante | Universidade de Vigo |
| Código | 2025_2026_BPUVIGO |
| Data inicio solicitudes | 19/12/2025 |
| Data fin solicitudes | 30/01/2026 |
| Enderezo formulario para solicitude online | https://secretaria.uvigo.gal/ |
| Requisitos | Para obter esta axuda non podes ter concedida a bolsa xeral do MEFPD Consultar na convocatoria:
|
| Documentacion | Xunto coa solicitude achegarase a seguinte documentación:
- Sentenza de divorcio ou convenio regulador, de ser o caso. - Se procedes do sistema de protección á infancia e adolescencia deberás presentar certificado expedido polo órgano competente da comunidade autónoma. - Documentación acreditativa das situacións que dan dereito a dedución no cálculo da renda: 1. Título familia numerosa. - Documentación acreditativa dos ingresos percibidos no estranxeiro polos membros da unidade familiar do ano 2024. - Documentación acreditativa dos ingresos percibidos no ano 2024 exentos de IRPF (RISGA, pensión de orfandade, pensión de incapacidade...) - No caso de residir fora do domicilio familiar e a distancia entre este e o centro universitario sexa inferior a 40 km achegarase contrato de aluguer ou xustificante da residencia que abranga o curso académico, os horarios docencia selados e os horarios dos medios de transporte público colectivo. |
| Observacións | Instruccións para presentar a solicitude: A solicitude realizarase a través do formulario en liña dispoñible na web da Universidade: http://secretaria.uvigo.gal/ deberá rexistrarse e seleccionar "bolsas propias de estudos/AXUDAS AO ESTUDO". Inclúe a documentación que acredite o cumprimento dos requisitos. IMPORTANTE: Para calquera dúbida contacta coa Sección de Axudas e Bolsas no teléfono 986 81 36 11 ou no correo electrónico bolsas@uvigo.es
|
| Prazo para resolver | 6 meses |
| Silencio administrativo | Desestimatorio |
| Documentos da convocatoria | |
| Ligazóns da convocatoria | |
| Teléfono: | 986 81 36 11 |
| Correo electrónico: | bolsas@uvigo.es |
| web: | https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-estudo |
| Taboleiro: | https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml;jsessionid=2757FE468CD34733F2F26FD234B466EC?idtaskdata=48037002 |