Axudas acción social matrícula do persoal da UVIGO, curso 2025/2026
| Tipo | Acción social |
| Organismo convocante | Universidade de Vigo |
| Código | 2025_2026 MAT UVIGO |
| Data inicio solicitudes | 15/12/2025 |
| Data fin solicitudes | 27/02/2026 |
| Enderezo formulario para solicitude online | https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/13609 |
| Descripción | O importe das axudas será o correspondente aos prezos públicos por servizos académicos das materias matriculadas, incluídos os importes dos recoñecementos. A contía desta axuda ten a consideración, segundo sexa o caso, de retribución en especie ou rendementos do traballo para quen as reciba en canto que son consecuenica dunha previa relación laboral o funcionarial, e por tanto suxeitas ao IRPF e sometidas ao seu sistema de retencións a conta na porcentaxe que se practique aos restantes rendementos de traballo. Ademais incluirase na base de cotización. |
| Requisitos | TITULARES DO DEREITO E PERSOAS BENEFICIARIAS. REQUISITOS Estar matriculado/a na UVIGO en titulacións de grao, máster universitario e doutoramento no curso 2025/2026. Son titulares do dereito ás seguintes persoas: a) O persoal da Universidade de Vigo docente e investigador e o persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (queda excluído o persoal eventual e con contrato de alta dirección) que reúna os seguintes requisitos entre o 9 de xullo e o 30 de setembro de 2025, ou no momento da matrícula no caso de realizarse fóra deste período: - Percibir as súas retribucións con cargo ao capítulo I dos Orzamentos da Universidade de Vigo. O persoal vinculado á Universidade mediante contrato de traballo deberá estar incluído no ámbito de aplicación do Convenio colectivo do PDI ou do PAS Laboral. - Atoparse na situación administrativa de servizo activo ou excedencia por coidado de familiares. b) Os familiares (cónxuxe/persoa coa que conviva maritalmente, fillos e fillas ou proxenitores) deste persoal que tivera falecido en servizo activo ou excedencia por coidado de familiares. O/a cónxuxe ou persoa coa que convivira maritalmente poderá solicitar estas axudas mentres permaneza en estado de viuvez ou non conviva maritalmente de novo. c) O persoal xubilado ou declarado en situación de incapacidade absoluta ou gran invalidez durante o ano 2025. Son beneficiarios/as ademais da persoa titular do dereito descrita no apartado anterior: a) O/a cónxuxe do/a titular do dereito, ou parella de feito debidamente inscrita agás o establecido no apartado 2.b). b) As fillas e fillos de calquera dos/as titulares do dereito menores de 28 anos no caso de estudos de Grao, de 30 anos no caso dos estudos de Máster e de 33 nos estudos de Doutoramento, a 31 de agosto de c) As persoas menores de idade acollidas pola persoa titular de xeito permanente ou preadoptivo. |
| Documentacion | PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES O/a titular do dereito, deberá presentar a solicitude mediante o formulario específico deste procedemento na secretaría virtual da Universidade de Vigo. https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/13609 O prazo para a presentación de solicitudes é desde a publicación da convocatoria ata o 27 de febreiro de 2026. No momento da solicitude a persoa interesada deberá asinar a declaración responsable de cumprimento de requisitos. Para a xestión deste procedemento non é preciso achegar documentación, sen prexuízo de que a Sección de xestión de prezos públicos poda solicitala en calquera momento do procedemento para a comprobación dos requisitos.
|
| Documentos da convocatoria | |
| Ligazóns da convocatoria | |
| web: | https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/matriculate/prezos-publicos |
| Correo electrónico: | secciondeprezospublicos@uvigo.gal |
| Teléfono: | 986 818 773 |
| taboleiro electrónico: | https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml;jsessionid=E2FDFA0934453D13B848E091F8012E8D?idtaskdata=47974085 |