Convocatoria extraordinaria de avaliación docente 2024 para persoal investigador posdoutoral
| Tipo | Recursos Humanos |
| Organismo convocante | Universidade de Vigo |
| Código | QUINQUENIOS-PI-24 |
| Data inicio solicitudes | 10/12/2025 |
| Data fin solicitudes | 09/01/2026 |
| Enderezo formulario para solicitude online | https://sede.uvigo.gal/public/catalog-detail/47843749 |
| Descripción | A presente convocatoria ten como obxectivo ordenar o procedemento para que o persoal investigador posdoutoral que cumpra os requisitos sinalados nestas bases, poida someter a unha avaliación perante a Universidade de Vigo a actividade docente realizada antes do 31 de decembro de 2024 en réxime de dedicación a tempo completo computada en períodos de cinco anos. |
| Requisitos | Para poder solicitar a avaliación da actividade docente, deben cumprirse os seguintes requisitos a 31 de decembro de 2024:
Para os efectos do cómputo de anos que dá dereito á avaliación, considerarase como período docente:
b.1 Predoutorais: - Persoal dos programas de formación predoutoral da Universidade de Vigo ou da Xunta de Galicia. - Investigadores en formación FPI ou FPU. -Persoal investigador con contrato predoutoral regulado no artigo 21 da Lei 14/2011, de 1 de xuño, da Ciencia, a Tecnoloxía e a Innovación. b.2 Posdoutorais: - Persoal contratado de programas «Ramón y Cajal» e «Juan de la Cierva». - Persoal contratado de programas «Isidro Parga Pondal». - Persoal contratado de programas «Ángeles Alvariño». - Outros programas posdoutorais da Universidade de Vigo, da Xunta de Galicia, do Estado ou da Unión Europea. -Persoal investigador con contrato de acceso de persoal investigador doutor regulado no artigo 22 da Lei 14/2011, de 1 de xuño, da Ciencia, a Tecnoloxía e a Innovación. - O tempo xustificado cun contrato ou nomeamento con capacidade docente nalgunha universidade ou centro de investigación estranxeiro acreditado, así como no Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), noutro organismo público de investigación españois (OPIs) ou nas universidades públicas, distintos dos especificados no apartado anterior (sempre que se desenvolvese nese período algunha actividade docente pola persoa solicitante). Consideraranse situacións equivalentes a períodos docentes, a comisión de servizos en centros doutras administracións públicas e a situación das persoas representantes sindicais exentos de actividade docente. |
| Documentacion | O formulario de solicitude deberá vir acompañado da seguinte documentación: a) Certificado de servizos prestados, onde se especifiquen as datas, categorías e dedicación, para o persoal investigador que acredite servizos noutras universidades públicas españolas, CSIC ou OPIs. Os servizos prestados na Universidade de Vigo serán acreditados de oficio. b) Actividade docente realizada en universidades públicas ou OPIs en réxime de bolsa como persoal de programas de formación predoutoral relacionados no punto b.1 da base terceira desta convocatoria: Documento acreditativo da concesión da bolsa e certificación, expedida polo organismo competente na materia da entidade, xustificativa do goce da bolsa con indicación do tipo de bolsa e data de inicio e fin sinalando necesariamente día/mes/ano. Non será acreditación suficiente a presentación da credencial de concesión da bolsa ou da súa prórroga. A acreditación deberá tamén indicar a actividade docente especificando o número de horas de docencia e o ano en que foi realizada. Todos os informes de departamentos e/ou centros sobre a actividade docente desenvolvida na Universidade de Vigo serán solicitados de oficio pola Área de Calidade. |
| Prazo para resolver | 6 meses |
| Silencio administrativo | Desestimatorio |
| Ligazóns da convocatoria | |
| Taboleiro electrónico: | https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml;jsessionid=29F420B84725A99A64D300806040D2F4?idtaskdata=47847399 |
Fase de solicitude
| Documentos da fase da convocatoria: | |