| Descripción | A presente convocatoria ten como obxectivo facilitar a dispoñibilidade de recursos económicos continuados e estables para o desenvolvemento da actividade dos grupos de investigación da Universidade de Vigo, contribuíndo así a minimizar as interrupcións no financiamento ocasionadas por retrasos na resolución de convocatorias competitivas externas. Este financiamento proporcionarase na modalidade de anticipo, que será reintegrado polos grupos de investigación con cargo aos fondos propios captados, nomeadamente o aval da súa AEI. |
| Requisitos | Estes anticipos poderán ser solicitados polos grupos de investigación da Universidade de Vigo rexistrados no SUXI-XC na data de publicación da convocatoria que cumpran os seguintes requisitos:
- Modalidade 1: ter desfrutado no ano 2025 da última anualidade dunha axuda da convocatoria de Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas nas universidades do SUG da Xunta de Galicia, na modalidade de Grupos de referencia competitiva (GRC), estar en condicións de presentarse á correspondente convocatoria da Xunta de Galicia no ano 2026 e comprometerse a facelo.
- Modalidade 2: ter desfrutado no ano 2025 da última anualidade dunha axuda da convocatoria de Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas nas universidades do SUG da Xunta de Galicia, na modalidade de Grupos de referencia competitiva (GRC) ou de Grupos con potencial de crecemento (GPC), estar en condicións de presentarse á correspondente convocatoria da Xunta de Galicia no ano 2026 e comprometerse a facelo.
|