Secretaría Uvigo

VI edición do programa INCUVI- Consolida

TipoPremios
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2025_26 Incuvi Consolida
Data inicio solicitudes19/11/2025
Data fin solicitudes10/12/2025
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/14864
Descripción

Obxecto:

O obxecto desta convocatoria é a concesión dunha axuda que contribúa á consolidación de proxectos emprendedores viables, nacidos ou desenvolvidos total o parcialmente na Universidade de Vigo e promovidos por persoas recentemente tituladas na mesma co fin de que os/as beneficiarios/as poidan seguir madurando o proxecto validar a idea e analizar a existencia dunha demanda real no mercado.

Axuda:

Convócase 1 axuda para proxectos emprendedores previamente beneficiarios do programa INCUVI-Avanza e que desexen continuar ca maduración e desenvolvemento do proxecto emprendedor.

A axuda consiste en:

1) AXUDA EN ESPECIE. Os membros dos equipos emprendedores recibirán 10 horas de asesoramento desde o resolución de concesión ata o mes de setembro.

As sesións de mentorización poderán facerse tanto de xeito presencial como en liña, e para levalos a cabo a Universidade de Vigo realizará a contratación dunha entidade externa someténdose á Lei de contratos do sector público segundo establece a disposición quinta da Lei xeral de subvencións, por un custo máximo de 1.000 €.

2) ACHEGA ECONÓMICA máxima de 1.000 € para facer fronte a custos derivados da consolidación do proxecto emprendedor. Os gastos a subvencionar son:

  • Adquisición ou reparación de equipamento e material necesarios para o avance do proxecto.
  • Gastos de asesoría/ xestoría derivados da alta como entidade xurídica
  • Primas de seguros, excepto da Seguridade
  • Publicidade e difusión das actividades levadas a cabo como parte do
  • Gastos de desprazamento e de viaxe do persoal necesarios para o desenvolvemento das actividades levadas a cabo como parte do
  • Calquera outro que se considere relevante para testar determinados atributos do servizo ou produto presentado como parte do proxecto
Requisitos

A) PERSOAS SOLICITANTES: persoas ou equipos emprendedores que fosen beneficiarias dun premio na últimas tres edicións da convocatoria INCUVI-Avanza e que se presenten co mesmo proxecto desenvolvido durante a súa participación no programa INCUVI-Avanza.

No caso de presentarse un equipo, so é necesario que a persoa que presenta a solicitude (e que actuará como promotor do proxecto emprendedor) houbera participado na convocatoria INCUVI-Avanza. De ser este o caso, haberá que presentar a renuncia formal daqueles compoñentes do equipo que non queiran seguir madurando a idea, e polo tanto se desvinculen do proxecto emprendedor.

B) COMPOSICIÓN DOS EQUIPOS:

  1. O proxecto emprendedor poderá presentarse de maneira individual ou por parte dun equipo de 4 persoas como máximo; neste último caso haberá unha persoa que actuará como coordinadora.
  2. A persoa ou membros do equipo promotor deberán ter a autoría intelectual das ideas que presentan ou, no seu defecto, dispor dos permisos correspondentes de uso da propiedade intelectual e/ou industrial de terceiros.
  3. Non se poderá presentar máis dun proxecto nin pertencer a varios equipos emprendedores.
Documentacion

Solicitudes e documentación

  1. A persoa promotora ou a persoa coordinadora do equipo deberá cubrir o formulario en liña e que está dispoñible no seguinte enlace:

https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/14864

Unha vez cuberto deberá de descargalo e presentalo na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) a través da instancia xenérica (SXER) existente na sede, poñendo en asunto “Axudas INCUVI Consolida”, achegando unicamente o arquivo coa solicitude.

  1. O prazo de presentación das solicitudes será desde o día seguinte a publicarse esta convocatoria ata 10 de decembro de 2025 ás 23:59 horas (hora peninsular española).
  2. As persoas participantes deberán subir a seguinte documentación ao formulario en liña (non hai que subir a documentación á sede electrónica):
  • BREVE CURRÍCULO de todas as persoas integrantes do equipo emprendedor (máximo 1 cara tamaño A4) no que indiquen formación, experiencia e outra información considerada de utilidade para reforzar a súa
  • CARTA DE INTERESE/MOTIVACIÓN redactada pola persoa promotora da idea/coordinadora do equipo na que xustifiquen a súa motivación e, de non estar consolidado, o compromiso potencial para consolidar o proxecto.
  • FORMULARIO DE RENUNCIA, que terán que cubrir e firmar aqueles membros beneficiarios das axudas no INCUVI-Avanza que decidan desvincularse da idea na que traballaron ó longo do
Observacións

Obrigas

As persoas beneficiarias da axuda deberán:

  • Colaborar coas accións e actividades de promoción e difusión do
  • Cumprir cos prazos marcados pola universidade para a entrega da información
  • Entregar toda a información adicional requirida pola universidade ao longo da vixencia do programa.
  • Asistir ó 100% das reunións de mentorización
  • Presentar o proxecto á Demo-Day que terá final unha vez finalizado o período formativo e de mentorización.
  • Participar nalgunha acción de acompañamento, networking ou foro específico de innovación ou de start-ups e amosar o xustificante
  • Asentar as bases da consolidación do proxecto en calquera forma xurídica ou a súa alta como autónomos, que se xustificará ben cos documentos acreditativos ou con copias das consultas para facer a tramitación a curto prazo.
  • Presentar as facturas e xustificantes de pago de todos os gastos a subvencionar no prazo de 15 días desde a finalización da mentorización.
Prazo para resolver3 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.gal
Teléfono: 986814094
web: https://www.uvigo.gal/es/estudiar/gestiones-estudiantes/becas/premios
Enlace ao taboleiro electrónico: https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=47427099
Calendario previsto: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/transparencia/agenda/7
Atrás