Secretaría Uvigo

X edición do programa INCUVI-Avanza

TipoPremios
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2025_26 Incuvi Avanza
Data inicio solicitudes19/11/2025
Data fin solicitudes10/12/2025
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/14863
Descripción

Obxecto:

O obxecto desta convocatoria é a concesión de axudas que contribúan á aceleración de proxectos emprendedores promovidos por estudantes ou persoas recentemente tituladas da Universidade de Vigo co fin de que estas poidan validar a idea e analizar a existencia dunha demanda real no mercado. 

A axuda consiste en:

  • Axuda en especie:

a) Formación: Os equipos emprendedores recibirán formación desde a resolución de concesión ata setembro, dirixida á preparación da idea do prototipo e á planificación do márketing cunha dedicación de 20 horas. Preferiblemente, as horas de formación levaranse a cabo de forma presencial e de xeito conxunto para os catro equipos participantes.
b) Mentorización personalizada: (presencial ou de xeito telemático), cunha dedicación de 12 horas por proxecto que desenvolveranse ao longo do programa (xaneiro – xullo 2026)
c) Desenvolvemento da idea de negocio (traballo non presencial): cunha dedicación estimada de 12 horas de traballo autónomo por parte das persoas beneficiarias das axudas
d) Presentación do proxecto ante representantes das entidades patrocinadoras e colaboradoras do programa nun demo-day prevista para mediados do mes de setembro, coincidindo ca Pont-Up Store de Pontevedra. A preparación desta presentación ten dedicación estimada de 4 horas presenciais e 4 horas de traballo autónomo por parte das persoas beneficiarias das axudas.

  • Achega económica máxima de 1.000 € por proxecto para facer fronte a custos de prototipación ou demo dun produto ou servizo que forme parte da iniciativa emprendedora.
Requisitos

1. REQUISITOS DAS PERSOAS SOLICITANTES: 

  • Os membros dos equipos emprendedores das ideas deben pertencer a algún dos seguintes colectivos:
    a. Estudantado matriculado na Universidade de Vigo en estudos de Grao ou Máster universitario no curso 2025/2026.
    b. Persoas tituladas en titulacións oficiais pola Universidade de Vigo no curso 2022/2023 ou posteriores.
    c. Estudantado matriculado en titulacións oficiais ou persoas tituladas noutras universidades españolas no curso 2022/2023 ou posteriores, sempre que non superen o 50% dos membros do equipo. 
  1. COMPOSICIÓN DOS EQUIPOS:
  1. O proxecto emprendedor poderá presentarse de maneira individual ou por parte dun equipo de 4 persoas como máximo; neste último caso haberá unha persoa que actuará como coordinadora.
  2. A persoa ou membros do equipo promotor deberán ter a autoría intelectual das ideas que presentan ou, no seu defecto, dispor dos permisos correspondentes de uso da propiedade intelectual e/ou industrial de terceiros.
  3. Non se poderá presentar máis dun proxecto nin pertencer a varios equipos emprendedores.
  4. As persoas que formen parte do equipo promotor deberán estar nalgunha das seguinte situacións:
  • Que fosen beneficiarios dun premio nas últimas cinco edicións da convocatoria INCUVI-Emprende e desexen continuar coa maduración da idea. No caso de presentarse un equipo, so é necesario que a persoa que presenta a solicitude (e que actuará como promotora do proxecto emprendedor) houbera sido beneficiario na convocatoria INCUVI-Emprende. De ser este o caso, haberá que presentar a renuncia formal dos restantes membros do equipo que non queiran seguir madurando a idea, e polo tanto se desvinculen do proxecto emprendedor obxecto do premios Emprende.
  • Que, sen seren beneficiarios dun premio da convocatoria de INCUVI-Emprende, teñan unha idea que xa posúa un modelo de negocio validado. Para isto os equipos emprendedores candidatos deberán acreditar a súa participación nun programa de apoio ao emprendemento, un produto mínimo viable e/ou un test de mercado.
Documentacion
  1. BREVE CURRÍCULO de todas as persoas integrantes do equipo emprendedor (máximo 1 cara tamaño A4) no que indiquen formación, experiencia e outra información considerada de utilidade para reforzar a súa candidatura.
  2. No caso do estudantado matriculado en titulacións oficiais ou persoas tituladas doutras universidades españolas, DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA DA MATRÍCULA ou do título correspondente.
  3. VÍDEO DE PRESENTACIÓN DO PROXECTO, cun formato mp4 e de duración non superior a 2 minutos.
  4. FORMULARIO DE RENUNCIA, que terán que cubrir e firmar aqueles membros beneficiarios das axudas no INCUVI-Emprende (e que polo tanto opten a axuda pola Modalidade 1) que decidan desvincularse da idea na que traballaron ó longo do programa.
  5. No caso de equipos que non obtiveran premio INCUVI-Emprende deberán presentar un PLAN DE NEGOCIO, un produto mínimo viable e/ou un test de mercado.
Prazo para resolver3 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.gal
Teléfono: 986814094
web: https://www.uvigo.gal/es/estudiar/gestiones-estudiantes/becas/premios
Enlace ao taboleiro electrónico: https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=47426863
Calendario previsto: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/transparencia/agenda/7
Atrás