Secretaría Uvigo

Bolsa título propio "Curso de Formación en Introdución á Bolsa”

TipoBolsa de estudo
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2025-2026 bolsa título propio
Data inicio solicitudes18/11/2025
Data fin solicitudes10/12/2025
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/bolsas/convocatorias/index
Descripción

Esta convocatoria ten por obxecto conceder bolsas destinadas a sufragar unha parte dos prezos públicos da matrícula do curso de formación en Introdución a bolsa no curso académico 2025/2026.

A contía individual será do 50% do prezo de matrícula do curso e cun importe máximo de 50€. Esta contía está suxeita á retención de IRPF que estableza a normativa vixente nesta materia.

Requisitos

Pode solicitar bolsa o estudantado que cumpra os seguintes requisitos:

  1. Estar matriculado nalgunha titulación de grao ou máster universitario da Universidade de Vigo no curso 2025/2026
  2. Estar matriculado na edición do ano 2025 do Curso de Formación en Introdución á bolsa.
  3. Non pertencer a ningunha das categorías laborais da universidade (só estudantes)
Documentacion

O prazo de presentación das solicitudes comeza o día seguinte da publicación desta convocatoria e finaliza o 10 de decembro de 2025 ás 23:59 horas (hora peninsular española).

Así mesmo deberán subir a seguinte documentación

  • Certificación académica dos estudos realizados no caso de que se realizasen nunha universidade distinta á de Vigo.
Observacións

OBRIGAS

A persoa beneficiaria deberá:

  • Obter unha cualificación de APTO na edición do ano 2025 do Curso de Formación en Introdución á Bolsa.
Prazo para resolver3 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.gal
Teléfono: 986814094
Web: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-estudo
Enlace ao taboleiro: https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=40946117
Atrás