Programa de bolsas-prácticas ONCE-CRUE, 2025/2026
| Tipo | Bolsa de inclusión |
| Organismo convocante | Universidade de Vigo |
| Código | 2025-2026 Once Crue |
| Data inicio solicitudes | 14/11/2025 |
| Data fin solicitudes | 10/12/2025 |
| Enderezo formulario para solicitude online | https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/bolsas/convocatorias/index |
| Descripción | Obxecto: Facilitar o desenvolvemento de prácticas para estudantes universitarios con discapacidade, que inclúa a realización de prácticas académicas externas remuneradas, facilitando o seu acceso a unha primeira experiencia laboral e mellorando así a súas oportunidades laborais e a súa carreira profesional Duración: As prácticas terán unha duración de 3 meses consecutivos, e poderán desenvolverse desde o día seguinte á publicación da resolución de concesión das bolsas por parte da Universidade ata o 31 de outubro de 2026, agás no caso de estudantado que finaliza estudos que deberá rematar as prácticas antes da presentación da solicitude de título e, en todo caso antes do 31 de agosto de 2026. O horario será de 25 horas semanais Contía: O importe da bolsa ascende a un máximo de 600 € euros brutos mensuais durante 3 meses. Estará suxeita á retención do IRPF e ás obrigas de cotización á Seguridade Social (cota obreira) que estableza na normativa vixente nestas materias. |
| Requisitos |
|
| Documentacion | A solicitude realizarase a través do formulario en liña dispoñible na secretaría virtual da Universidade https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/bolsas/convocatorias/index / Bolsa prácticas ONCE_CRUE O modelo específico de presentación de solicitudes é de uso obrigatorio para os interesados neste procedemento (art. 66.6 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas). Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude de xeito presencial, solicitaráselle que a presente de xeito electrónico. Así mesmo deberán rexistrarse na plataforma da ONCE https://becas.fundaciononce.es/paginas/becaspracticasoncecrue.aspx O prazo de presentación de solicitudes comeza o día seguinte a publicarse esta convocatoria e rematará 10 de decembro de 2025 ás 23:59 horas (hora peninsular española). IMPORTANTE: É PRECISO FACER A SOLICITUDE NOS DOUS ENLACES |
| Prazo para resolver | 3 meses |
| Silencio administrativo | Desestimatorio |
| Documentos da convocatoria | |
| Ligazóns da convocatoria | |
| Correo electrónico: | Enderezo electrónico |
| Teléfono: | 986 81 40 94 |
| Web: | https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-estudo |
| Enlace ao taboleiro: | https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml;jsessionid=26785EE701DF37281494943E1901EBAA?idtaskdata=47342068 |