Tipo | Bolsa de estudo |
Organismo convocante | Universidade de Vigo |
Código | 2025_2026 Axudas Residencia luz e auga |
Data inicio solicitudes | 21/10/2025 |
Data fin solicitudes | 05/11/2025 |
Enderezo formulario para solicitude online | https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/14850 |
Descripción | OBXECTO
O obxecto das axudas é facilitar o acceso ao aloxamento universitario ao estudantado matriculado en titulacións oficiais de grao e máster universitario nos campus de Vigo e Ourense, en situación de vulnerabilidade social e/ou económica, garantindo a igualdade de oportunidades no acceso e continuidade dos estudos superiores.
Convócanse dúas axudas:
- Unha na residencia da Universidade de Vigo no campus de Vigo
- Unha na residencia da Universidade de Vigo no campus de Ourense
|
Requisitos |
- Requisitos xerais:
- Atoparse nalgún dos seguintes casos:
- Posuír nacionalidade española.
- Posuír a nacionalidade dun estado membro da Unión Europea e acreditar a condición de residente legal a 31 de decembro de 2024.
- Persoas con nacionalidade extra comunitaria que acrediten a 31 de decembro de 2024 a residencia legal en España, (non será suficiente o permiso de estadía por estudos). No caso das persoas solicitantes de estatuto de refuxiado ou protección subsidiaria deberán cumprir o requisito de residencia legal a 30 de xuño de 2025.
- Pertencer a algún dos seguintes colectivos:
- Persoas procedentes do sistema de protección á infancia e á adolescencia,
- Vítima de violencia de xénero,
- ou orfandade absoluta.
- Requisitos académicos:
- Estar matriculado/a no curso 2025/2026 na Universidade de Vigo en titulacións oficiais de Grao e Máster Universitario en centros propios ou en centros adscritos de titularidade pública que imparten titulacións non impartidas en centros propios (Enfermaría Ourense e Enfermaría Meixoeiro).
- Estar matriculado nun mínimo de 48 créditos ou da totalidade dos que lle permita a normativa da Universidade, agás no caso de alumnado con discapacidade de grao igual ou superior ao 65% que poderá reducir a carga lectiva ata un máximo do 50%.
- Non superar o número máximo de bolsas permitidas que é:
- 6 bolsas concedidas para alumnado de Grao da Rama de Enxeñaría,
- 5 bolsas concedidas para alumnado do resto de estudos de Grao,
- Os anos dos que conste o plan de estudos nos estudos de Máster Universitario
- Non estar en posesión ou non reunir os requisitos legais para a obtención dunha titulación do mesmo nivel ou superior ao correspondente aos estudos para os que se solicita a axuda.
|
Documentacion | SOLICITUDES E DOCUMENTACIÓN
As persoas solicitantes deberán empregar o formulario en liña dispoñible na secretaría virtual da Universidade de Vigo no seguinte enlace: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/14850 descargalo e presentalo na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) a través da instancia xenérica estudantes (SXER) existente na sede (enlace) poñendo como asunto “Axudas gastos residencia universitaria” achegando so o formulario de solicitude. Só se poderá presentar unha solicitude por persoa.
O prazo de presentación das solicitudes será dende o día seguinte ao da publicación desta resolución ata o 5 de novembro de 2025 ás 23:59 horas (hora peninsular española).
No momento de facer a solicitude achegarase a seguinte documentación que corresponda en cada caso:
- O Estudantado procedente do sistema de protección á infancia e adolescencia deberá presentar certificado expedido polo órgano competente da comunidade autónoma.
- A Vítima de violencia de xénero deberá presentar acreditación mediante calquera das formas previstas no artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
- O Estudantado coa condición de orfandade absoluta deberá presentar documentación acreditativa de tal condición.
|
Observacións | OBRIGAS
A persoa beneficiaria deberá estar matriculada na titulación oficial dos campus de Vigo e Ourense durante todo o curso académico 2025/2026 para poder manter a súa condición de bolseira. |
Prazo para resolver | 3 meses |
Silencio administrativo | Desestimatorio |
Documentos da convocatoria |
|
Ligazóns da convocatoria |
Correo electrónico: |
bolsasformación@uvigo.es |
Teléfono: |
986814094 |
Web: |
https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-mobilidade |
Enlace ao taboleiro: |
https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=46862206 |