Secretaría Uvigo

Preselección de candidaturas para solicitude axuda Persoal Técnico de Apoio (PTA), 2025

TipoRecursos Humanos
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoPTA_INTERNA_2025
Data inicio solicitudes03/10/2025
Data fin solicitudes10/10/2025
Descripción

Seleccionaranse as persoas candidatas para a solicitude de axudas PTA pola Universidade de Vigo ao Ministerio de Ciencia e Innovación para os seguintes centros da Universidade de Vigo: 

PRAZA 1– Técnica/o de apoio en análise instrumental - Servizo de Seguridade Alimentaria e Desenvolvemento Sostible do Campus de Ourense – Centro de Apoio Científico e Tecnolóxico a Investigación CACTI.

PRAZA 2 – Técnica/o de apoio en laboratorio de análise química e control de calidade - Servizo de Seguridade Alimentaria e Desenvolvemento Sostible do Campus de Vigo – Centro de Apoio Científico e Tecnolóxico a Investigación CACTI.

PRAZA 3 – Técnica/o de apoio en laboratorio de fabricación aditiva – Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais da Universidade de Vigo - CINTECX

PRAZA 4 – Técnica/o de apoio en intelixencia artificial de IFCAE – Instituto de Investigación en Física e Ciencias Aeroespaciais (IFCAE).

PRAZA 5 – Técnica/o de apoio en xestión e soporte de infraestruturas científico-tecnolóxicas de computación – Research Center for Telecommunication Technologies  attlanTTic.

PRAZA 6 – Técnica/o de apoio en nanofabricación robotizada – Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina CINBIO.

PRAZA 7  – Técnica/o de apoio en mesocosmos, laboratorio de bioseguridade e actividades de mergullo - Centro de Investigación Mariña CIM.

 

Requisitos

a) Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións:

1º Titulación universitaria: Licenciatura, Enxeñaría, Arquitectura, Grao, Máster, Diplomatura, Enxeñaría Técnica ou Arquitectura Técnica.

2º Titulación no marco da formación profesional do sistema educativo: Técnico Superior.

As persoas participantes deberán estar en posesión da titulación na data de finalización do prazo de presentación da solicitudes, 22 de outubro de 2025 .

b) Non estar disfrutando nin disfrutar en data posterior, dun contrato cofinanciado polas axudas concedidas por esta actuación en convocatorias anteriores.

c) Non estar vinculada laboralmente coa Universidade de Vigo entre o 17 e o 29 de outubro de 2025, ámbolos dous días incluídos.

Documentacion

O prazo para a presentación da declaración de interese rematará o 10 de outubro de 2025.

 

Observacións

Só se admitirán as declaracións de interese que sigan as intrucións e presenten correctamente a documentación solicitada. 

Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Convocatoria PTA Agencia Estatal de Investigación: https://www.aei.gob.es/convocatorias/buscador-convocatorias/ayudas-contratos-personal-tecnico-idi-2025/convocatoria
Atrás