Bolsas "Ourense rural-Grao" para estudantado do campus de Ourense curso 2025/2026
| Tipo | Bolsa de estudo |
| Organismo convocante | Universidade de Vigo |
| Código | 2025_2026_Ourense rural |
| Data inicio solicitudes | 01/08/2025 |
| Data fin solicitudes | 17/09/2025 |
| Enderezo formulario para solicitude online | http://secretaria.uvigo.gal/ |
| Descripción | OBXECTO: O obxecto das axudas é atender o custo económico que supón a realización de estudos universitarios oficiais de grao para o alumnado empadroado en concellos rurais de Galicia distantes dos campus universitarios e con dificultades de conexión a través de medios de transporte habituais. CONTÍA: As axudas previstas se destinarán a cubrir os gastos derivados do desprazamento desde o termo municipal da vivenda habitual ata o concello de Ourense ata un máximo de:
|
| Requisitos | REQUISITOS XERAIS: Estar inscrito no padrón dos concellos de Galicia de 5.000 habitantes ou menos agás o concello de Ourense, con 12 meses de antelación á finalización do prazo de presentación de solicitudes. REQUISITOS ACADÉMICOS: a) Estar matriculado/a en titulacións oficiais de grao en centros propios do campus de Ourense ou da Escola de Enfermaría de Ourense no curso 2025/2026 nun mínimo de 60 créditos ou da totalidade dos que lle permita a normativa da universidade, agás no caso de alumnado con discapacidade de grao igual ou superior ao 65 por cento que poderá reducir a carga lectiva ata un máximo de 50%. A data límite para realizar a matrícula será o 12 de setembro de 2025. b) Non ter sido beneficiario de bolsas Ourense Rural en cursos anteriores o número máximo de bolsas permitidas que é:
c) Non estar en posesión ou non reunir os requisitos legais para a obtención dunha titulación do mesmo nivel ou superior ao correspondente aos estudos para os que se solicita a axuda. REQUISITOS ECONÓMICOS: a) A suma de rendas de todos os membros da unidade familiar non pode superar os seguintes limiares:
A partir do oitavo membro engadiranse 3.340,00 euros por cada novo membro computable. b) O patrimonio familiar non pode superar os seguintes limiares:
|
| Documentacion | SOLICITUDE: A solicitude realizarase a través do formulario en liña dispoñible na web da universidade: http://secretaria.uvigo.gal/ deberá rexistrarse e seleccionar "bolsas propias de estudos". DOCUMENTACIÓN: No momento de facer a solicitude achegarase a seguinte documentación:
|
| Observacións | OBRIGAS: A persoa beneficiaria deberá estar matriculada na titulación oficial do campus de ourense durante todo o curso académico 2025/2026 para poder manter a súa condición de bolseira. |
| Prazo para resolver | 6 meses |
| Silencio administrativo | Desestimatorio |
| Documentos da convocatoria | |
| Ligazóns da convocatoria | |
| Correo electrónico: | bolsas@uvigo.es |
| Teléfono: | 986 81 36 11 |
| Web: | https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-estudo |
| Taboleiro: | https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=45115357 |
29/09/2025 Listaxe provisoria de solicitudes admitidas e excluidas
| Descrición | |
| Documentos da fase da convocatoria: | |
04/11/2025 Listaxe de solicitudes excluídas definitivas
| Descrición | |
| Observacións | |
O prazo para interpoñer o recurso remata o 4 de decembro de 2025 ás 23:59 (hora peninsular española). O recurso podes presentalo na Universidade de Vigo a través da sede https://sede.uvigo.gal/ (Cidadanía-Instancia xenérica), presencialmente nos rexistros dos tres campus ou a través de calquera das dependencias contempladas artículo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. | |
| Documentos da fase da convocatoria: | |
05/11/2025 Listaxe provisoria de bolsas concedidas e listaxe de agarda
| Descrición | |
| Documentos da fase da convocatoria: | |
21/11/202 Listaxe definitiva de bolsas concedidas e lista de agarda
| Descrición | |
| Observacións | |
O prazo para interpoñer o recurso remata o 22 de decembro de 2025 ás 23:59 (hora peninsular española). O recurso podes presentalo na Universidade de Vigo a través da sede https://sede.uvigo.gal/ (Cidadanía-Instancia xenérica), presencialmente nos rexistros dos tres campus ou a través de calquera das dependencias contempladas artículo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. | |
| Documentos da fase da convocatoria: | |