Secretaría Uvigo

Premios Cátedra Oesía aos mellores traballos académicos 2024/2025

TipoPremios
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2024_2025_ Premios Cátedra Oesía
Data inicio solicitudes29/07/2025
Data fin solicitudes15/09/2025
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/14786
Descripción

OBXECTO

Promover a excelencia académica e investigadora en áreas clave para o desenvolvemento tecnolóxico e empresarial recoñecendo os mellores Traballos fin de Grao (TFG), Traballos fin de Máster (TFM) e Teses de Doutoramento (TD) neste eido.

     Convócanse 3 premios:

  • 1 premio ao mellor TFG
  • 1 premio ao mellor TFM
  • 1 premio a mellor Tese de doutoramento

A contía individual dos premios será:

  • mellor TFG cun importe de 500€
  • mellor TFM cun importe de 800€
  • mellor Tese de doutoramento cun importe de 1.250€

Esta contía está suxeita á retención de IRPF que estableza a normativa vixente nesta materia.

Requisitos

Pode participar o estudantado que cumpra os seguintes requisitos:

a) O seu TFG, TFM ou TD debe aliñarse coas liñas de interese da Cátedra: sistemas de antenas, simulación electromagnética, radar, satélite, fotónica, cuántica, intelixencia artificial aplicada a comunicacións, redes 5G/6G e radiocomunicacións en xeral.

b) No caso dos premios TFG TFM: deberá cumprir os seguintes requisitos adicionais:

  1. Superar o TFG ou TFM na Universidade de Vigo entre o 1 de outubro de 2023 e o 30 de xuño de 2025 nalgunha das seguintes titulacións:
    1. Grao en Enxeñería de Tecnoloxías de Telecomunicación
    2. Grao en Enxeñería Aeroespacial
    3. Máster Universitario en Enxeñería de Telecomunicación
    4. Máster Universitario en Ciencia e Tecnoloxías da Información Cuántica
    5. Máster Internacional en Visión por Computador
    6. Máster Universitario en Enxeñería Aeronáutica
    7. Máster Universitario en Sistemas Aéreos non Tripulados
  1. Ter nota media expediente igual ou superior a 7.
  2. Obter unha cualificación do TFG ou TFM igual ou superior a 7.

c) No caso dos premios a tese de doutoramento deberá cumprir os seguintes requisitos adicionais:

  1. Defender e superar a tese de doutoramento na Universidade de Vigo entre o 1 de outubro de 2023 e o 30 de xuño de 2025 nalgún dos seguintes Programas de doutoramento:
    • Tecnoloxías da Información e as Comunicacións
    • Tecnoloxía Aeroespacial Enxeñarías Electromagnética, Electrónica, Informática e Mecánica
    • Láser, Fotónica e Visión
    • Métodos Matemáticos e Simulación Numérica en Enxeñaría e Ciencias Aplicadas
  2. Obter unha cualificación na tese de sobresaínte.

Non poderán ter a condición de beneficiario/a as persoas nas que concorra algunha das circunstancias establecidas no artigo 13.2 da Lei 38/2003 xeral de subvencións, de 17 de novembro.

Documentacion
  1. As persoas solicitantes deberán cubrir o formulario en liña dispoñible na Secretaría Virtual da Universidade https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/14786 descargalo e presentalo na Sede Electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) a través da Instancia Xenérica (SXER) existente na sede, e pór como asunto “Premios cátedra Oesía”, achegando unicamente o formulario coa solicitude.

O modelo específico de presentación de solicitudes é de uso obrigatorio para os interesados/as neste procedemento (artigo 66.6 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas). Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude de xeito presencial, solicitarase que a presente de xeito electrónico.

  1. O prazo de presentación de solicitudes comeza o día seguinte a publicarse esta convocatoria e finaliza o 15 de setembro de 2025 ás 23:59 horas (hora peninsular española).
  2. No formulario en liña achegarase a seguinte documentación:
  • Resumo do traballo (máximo 600 palabras), explicando a súa relevancia para as liñas de interese da convocatoria.
  • Descrición do impacto alcanzado (difusión en medios, publicacións, transferencia).
  • Copia en formato pdf do TFG, do TFM ou da TD ou enlace ao repositorio.
  • Informe da persoa directora do traballo/tese de doutoramento acerca do cumprimento do requisito de que a temática do traballo ou tese está relacionada coas liñas de interese da cátedra.
Observacións

O prazo de presentación de solicitudes comeza o día seguinte a publicarse esta convocatoria e finaliza o 15 de setembro de 2025 ás 23:59 horas (hora peninsular española). 

Prazo para resolver3 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Teléfono: 986814094
Web: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/premios
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.gal
Enlace ao taboleiro: https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml;jsessionid=DA9BB397B6D42888ED49FAEAA40884B3?idtaskdata=44954202
Atrás