Secretaría Uvigo

Bolsas de formación en Centros de Investigación, 2025/2026

TipoBolsa de formación
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2025_2026 Centros Investigación
Data inicio solicitudes16/07/2025
Data fin solicitudes31/07/2025
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/13575
Descripción

OBXECTO

O obxecto da bolsa é fomentar unha mellor formación teórica e práctica do estudantado, colaborando, en réxime de compatibilidade cos seus estudos, en actividades cunha forte compoñente de aprendizaxe e adquisición de novas capacidades e destrezas directamente vinculadas á titulación en que se matricula.

Convócanse 6 bolsas distribuídas do seguinte xeito:

  • Campus de Ourense:
    • 1 bolsa no Centro de Investigación, Transferencia e Innovación (CITI)
  • Campus de Vigo:
    • 3 bolsas no Centro de Investigación Mariña (CIM-ECIMAT)
    • 1 bolsa no Centro de Investigacións en Nanomateriais e Biomedicina (CINBIO)
    • 1 bolsa no Centro de Investigación AtlanTTic 
Requisitos

REQUISITOS

Pode solicitar a bolsa o estudantado que cumpra os seguintes requisitos:

  1. Posuír nacionalidade española, nacionalidade comunitaria acreditando a residencia continuada, ou extracomunitaria acreditando a residencia legal en España no prazo de presentación de solicitudes (non é suficiente o permiso de estadía por estudos).
  2. Estar matriculado en centros propios no curso 2025/2026 e durante todo o período de duración da bolsa, nas titulacións de grao ou máster universitario sinaladas no anexo II, no campus en que se opta á bolsa. Para estes efectos terase en conta o estado da matrícula a día 16 de setembro de 2025.
  3. No caso de matrícula en Grao ter superados o 50% dos créditos dos estudos de Grao nos que se matricula. Para estes efectos terase en conta o último día establecido pola universidade para presentar as actas de xullo que segundo o calendario académico é o 21 de xullo.
  4. Cumprir os demais requisitos específicos sinalados no anexo II. Para estes efectos terase en conta que o último día establecido pola universidade para presentar as actas de xullo segundo o calendario académico é o 21 de xullo de 2025.
  5. Non gozar con anterioridade dunha bolsa de formación complementaria da Universidade de Vigo durante máis de doce meses, de forma consecutiva ou descontinua. O cómputo do tempo farase de data a data.

CONTÍA E PAGAMENTO

  1.  A dotación económica bruta será como máximo 400 €/mes. Estará suxeita á retención do IRPF e ás obrigas de cotización á Seguridade Social (cota obreira) establecidas na normativa vixente nestas materias.
  2. O “Santander”, de acordo co convenio asinado, financiará 500€ da contía total adxudicada a cada
    beneficiario/a.
  3. O pagamento realizarase por meses vencidos mediante unha transferencia á conta bancaria que sinale a persoa bolseira na súa solicitude e da que deberá ser titular. No caso de que non chegase a completarse o período da bolsa só se aboará a contía proporcional da bolsa correspondente ao período realizado, sempre e cando este sexa superior a 15 días; no caso contrario non se percibirá contía algunha.
Documentacion

SOLICITUDES

1. As persoas solicitantes deberán empregar o formulario en liña no seguinte enlace https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/13575, descargalo e presentalo na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) a través da instancia xenérica (SXER) existente na sede. No asunto indicará “Bolsas formación Centros de Investigación e achegará unicamente o formulario coa solicitude. Só se poderá presentar unha solicitude por persoa.

Así mesmo deberán inscribirse na web do “Santander” https://app.santanderopenacademy.com/es/program/complemento-a-las-practicas-2025-ii-edicion entre o 2 de setembro e o 27 de outubro de 2025.

O modelo específico de presentación de solicitudes é de uso obrigatorio para as persoas interesadas neste procedemento (art. 66.6 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas). Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude de xeito presencial, solicitaráselle que a presente de xeito electrónico.

2. O prazo de presentación das solicitudes comeza o día seguinte de publicarse esta convocatoria e remata o 31 de xullo de 2025 ás 23:59 horas (hora peninsular española).

3. As persoas solicitantes establecerán unha orde de prioridade nas bolsas que será vinculante.

4. Xunto coa solicitude deberán subir, de ser o caso, a seguinte documentación ao formulario en liña (non hai que subir a documentación á sede electrónica):

  a) Certificación académica dos estudos realizados no caso de que se realizasen nunha universidade distinta á de Vigo.

  b) Documentación acreditativa dos méritos alegados.

  c) No caso de estudantado comunitario deberá presentar documento do Rexistro de cidadán/á da       Unión Europea.

  d) No caso de estudantado extracomunitario deberá presentar a tarxeta de identificación de estranxeiro/a na que conste o permiso de residencia (non é suficiente co permiso de estadía por estudos).

Observacións

O prazo de presentación das solicitudes comeza o día seguinte de publicarse esta convocatoria e remata o 31 de xullo de 2025 ás 23:59 horas (hora peninsular española).

 

Prazo para resolver3 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Teléfono: 986814094
Web:: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-formacion
Enlace a taboleiro: https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml;jsessionid=D32CE8C10AD0406BDA4D8071C9CFF73E?idtaskdata=44634017
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.gal
Atrás