Axudas propias para a mobilidade do persoal investigador do CAMPUS AUGA da Universidade de Vigo
Tipo | Recursos Humanos |
Organismo convocante | Universidade de Vigo |
Código | MOBAUGA_25 |
Data inicio solicitudes | 08/07/2025 |
Data fin solicitudes | 28/07/2025 |
Descripción | A convocatoria de axudas propias á mobilidade de persoal investigador do Campus Auga da Universidade de Vigo ten por obxecto financiar parcialmente as estadías en centros de investigación do persoal investigador que cumpra os requisitos sinalados, co obxectivo de contribuír ao intercambio de coñecemento e á mellora e internacionalización da súa actividade investigadora relacionada coas liñas estratéxicas do Campus Auga. |
Requisitos | a) Pertencer a un dos seguintes grupos: -Ser persoal investigador predoutoral e posdoutoral con contrato vixente ata o 31/12/2025 no marco do financiamento do Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Universidade de Vigo para o desenvolvemento de accións estratéxicas no Campus Auga de Ourense (2024-2027). Grupo 2. - Ser persoal investigador predoutoral ou posdoutoral pertencente a un grupo de investigación incluído no Campus Auga que non recibise financiamento para mobilidade durante o ano 2025. Grupo 3. -Estudantes de doutoramento matriculados nun programa de doutoramento vinculado ao Campus Auga. Quen sexa beneficiaria ou beneficiario dunha axuda de apoio á etapa predoutoral non poderá solicitar axuda para a mesma estadía para a quen ten concedido financiamento autonómico ou estatal. O estudantado que goce dunha axuda á etapa predoutoral de calquera modalidade (Formación de Profesorado Universitario -FPU-, Formación de doutoras e doutores –FPI-, Xunta de Galicia ou Universidade de Vigo) deberá contar, no seu caso, coa conveniente autorización de ausencia ou o correspondente trámite que estableza a convocatoria pola que acadou a axuda predoutoral. b) Non estar incursa nalgunha das circunstancias establecidas no artigo 2 da Lei 38/2003, de 17 de novembro xeral de subvencións. c) Ter agotado o crédito concedido para realizar estadías de investigación polas convocatorias autonómicas ou estatais correspondentes. d) Non ter sido obrigada a reintegrar ou non ter perdido o dereito ao cobro do importe dalgunha axuda propia para a mobilidade de persoal investigador da Universidade de Vigo nas tres últimas convocatorias. Os requisitos deben cumprirse no momento de presentación de solicitudes e manterse durante a realización da actividade. No caso de estadías xa realizadas, os requisitos deberían terse cumprido durante todo o período de realización da estadía. |
Documentacion | Conforme a base novena das bases da convocatoria. |
Prazo para resolver | 6 meses |
Silencio administrativo | Desestimatorio |
Ligazóns da convocatoria | |
Taboleiro de anuncios Universidade de Vigo: | https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml;jsessionid=C4F33388D75D03DBFC4404EA1C58DBE6?idtaskdata=44437612 |
Fase de solicitude
Documentos da fase da convocatoria: | |