Secretaría Uvigo

Bolsas de formación en Centros Universitarios, 2025/2026

TipoBolsa de formación
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2025_2026 Centros Universitarios
Data inicio solicitudes03/07/2025
Data fin solicitudes31/07/2025
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/14769
Descripción

OBXECTO:

Fomentar unha mellor formación teórica e práctica do estudantado, colaborando, en réxime de compatibilidade cos seus estudos, en actividades vinculadas á titulación na que se matricula.

DURACIÓN E DESENVOLVEMENTO DO PERÍODO FORMATIVO:

A duración máxima do período formativo será de 9 meses. Non se iniciará antes do 16 de outubro de 2025 e finalizará o 30 de xuño do 2026.

O número de horas de colaboración será de 15 horas semanais para as bolsas-15 e de 10 horas semanais para as bolsas-10

CONTÍA:

A contía individual será como máximo 400 €/mes para as bolsas de 15 horas e de 265€/mes para as bolsas de 10 horas.

Requisitos
  • Posuír nacionalidade española, nacionalidade comunitaria acreditando a residencia continuada, ou extracomunitaria acreditando a residencia legal en España no prazo de presentación de solicitudes (non é suficiente o permiso de estadía por estudos).
  • Estar matriculado en centros propios no curso 2025/2026, durante todo o período de duración da bolsa, nas titulacións oficiais de grao ou máster universitario sinaladas no anexo II, no campus no que se opta á bolsa. Para estes efectos terase en conta o estado da matrícula día 16 de setembro de 2025.
  • No caso de matrícula en titulacións de Grao ter superados o 50% dos créditos dos estudos de Grao. Para estes efectos terase en conta que o último día establecido pola universidade para presentar as actas de xullo segundo o calendario académico é o 21 xullo.
  • Cumprir os demais requisitos específicos sinalados no anexo II. Para estes efectos terase en conta que o último día establecido pola universidade para presentar as actas de xullo segundo o calendario académico é o 21 de xullo.
  • Non gozar con anterioridade dunha bolsa de formación complementaria da Universidade de Vigo durante máis de doce meses, de forma consecutiva ou descontinua. O cómputo do tempo farase de data a data.

Non poderán ter a condición de beneficiario/a as persoas nas cales concorra algunha das circunstancias establecidas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións.

Documentacion

SOLICITUDES:

As persoas solicitantes deberán empregar o formulario en liña no seguinte enlace https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/14769 descargalo e presentalo na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) a través da instancia xenérica (SXER) existente na sede. No asunto indicará “Bolsas formación Centros”, e achegará unicamente o formulario coa solicitude. Só se poderá presentar unha solicitude por persoa.

Así mesmo deberán inscribirse.na web do “Santander” https://app.santanderopenacademy.com/es/program/complemento-a-las-practicas-2025-ii-edicion . entre o 2 de setembro e o 27 de outubro de 2025.

O modelo específico de presentación de solicitudes é de uso obrigatorio para as persoas interesadas neste procedemento (art. 66.6 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas). Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude de xeito presencial se lle requirirá que a presente de xeito electrónico.

PRAZO:

O prazo de presentación das solicitudes comeza o día seguinte de publicarse esta convocatoria e remata o 31 de xullo de 2025 ás 23:59 horas (hora peninsular española).

As persoas solicitantes establecerán unha orde de prioridade nas bolsas solicitadas que será vinculante.

DOCUMENTACIÓN:

Xunto coa solicitude deberán subir ó formulario en liña (non hai que subir a documentación á sede electrónica) de ser o caso, a seguinte documentación:

  1. Certificación académica dos estudos realizados, no caso de que se realizasen nunha universidade distinta á de Vigo.
  2. No caso de estudantado comunitario deberá presentar documento do Rexistro de cidadán/á da Unión Europea.
  3. No caso de estudantado extracomunitario deberá presentar a tarxeta de identificación de estranxeiro/a na que conste o permiso de residencia (non é suficiente co permiso de estadía por estudos).
  4. Os documentos que correspondan en cada caso, segundo os criterios específicos de selección establecidos no anexo II:
  • Cursos relacionados co perfil formativo
  • Currículo
  • Documentación acreditativa dos méritos alegados

Tamén se lles poderá requirir que acheguen outra documentación que resulte necesaria para a correcta avaliación dos requisitos de méritos alegados.

 

Observacións

Enlace ao Taboleiro

Prazo para resolver3 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.gal
Teléfono: 986 81 40 94
Web: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-formacion
Enlace a taboleiro: https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml;jsessionid=182B821CBA38BEA706D4CE4B7F095C66?idtaskdata=44263213
Atrás