Bolsas de formación en Sistemas Informáticos, 2025/2026
Tipo | Bolsa de formación |
Organismo convocante | Universidade de Vigo |
Código | 2025_2026 Sistemas Informáticos |
Data inicio solicitudes | 03/07/2025 |
Data fin solicitudes | 31/07/2025 |
Enderezo formulario para solicitude online | https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/14768 |
Descripción | OBXECTO: O obxecto da bolsa é fomentar unha mellor formación teórica e práctica do estudantado, colaborando, en réxime de compatibilidade cos seus estudos, en actividades vinculadas á titulación na que se matricula. DURACIÓN E DESENVOLVEMENTO DO PERÍODO FORMATIVO:
CONTÍA: A contía individual será como máximo de: 400€/mes para as bolsas de 15 horas e 265 €/mes para as bolsas de 10 horas, as cales estarán suxeitas á retención do IRPF e ás obrigas de cotización á seguridade social (cota obreira) que estableza na normativa vixente nestas materias. Da contía adxudicada a cada beneficiario/a, 500€ serán financiados de acordo co convenio asinado co “Santander”. |
Requisitos | Pode solicitar a bolsa o estudantado que cumpra os seguintes requisitos:
Non poderán ter a condición de beneficiario/a as persoas nas cales concorra algunha das circunstancias establecidas no artigo 13.2 da Lei 38/2003 do 17 de novembro, xeral de subvencións. |
Documentacion | SOLICITUDE: As persoas solicitantes deberán empregar o formulario en liña no seguinte enlace https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/14768 descargalo e presentalo na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) a través da instancia xenérica (SXER) existente na sede. No asunto indicará “Bolsas formación sistemas informáticos” e achegará unicamente o formulario coa solicitude. Só se poderá presentar unha solicitude por persoa. Así mesmo deberán inscribirse.na web do “Santander” https://app.santanderopenacademy.com/es/program/complemento-a-las-practicas-2025-ii-edicion . entre o 2 de setembro e o 27 de outubro de 2025. O modelo específico de presentación de solicitudes é de uso obrigatorio para as persoas interesadas neste procedemento (art. 66.6 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas). Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude de xeito presencial, se lle requirirá para que a emenda a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que foi realizada a emenda, de acordo ao artigo 68.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. PRAZO: O prazo de presentación das solicitudes comeza o día seguinte de publicarse esta convocatoria e remata o 31 de xullo de 2025 ás 23:59 horas (hora peninsular española). DOCUMENTACIÓN: As persoas solicitantes establecerán unha orde de prioridade nas bolsas solicitadas que será vinculante. Xunto coa solicitude deberán subir ao formulario en liña (non hai que subir a documentación á sede electrónica) de ser o caso, a seguinte documentación:
Tamén se lles poderá requirir que acheguen outra documentación que resulte necesaria para a correcta avaliación dos requisitos e dos méritos alegados. |
Observacións | O prazo de presentación das solicitudes comeza o día seguinte de publicarse esta convocatoria e remata o 31 de xullo de 2025 ás 23:59 horas (hora peninsular española). |
Prazo para resolver | 3 meses |
Silencio administrativo | Desestimatorio |
Documentos da convocatoria | |
Ligazóns da convocatoria | |
Teléfono: | 986814094 |
Web:: | https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-formacion |
Enlace a taboleiro: | https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=44262965 |
Correo electrónico: | bolsasformacion@uvigo.gal |