Secretaría Uvigo

Axudas para incentivar a consolidación investigadora_Declaracións de interese

TipoRecursos Humanos
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoCONSOLIDACIÓN_25
Data inicio solicitudes17/06/2025
Data fin solicitudes24/06/2025
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://www.aei.gob.es/convocatorias/buscador-convocatorias/consolidacion-investigadora-2025
Descripción

A finalidade destas axudas é fomentar a consolidación da carreira profesional de persoas investigadoras para que poidan desenvolver a súa carreira profesional dentro do Sistema Español de Ciencia, Tecnoloxía e de Innovación (SECTI) , incentivando a creación de prazas de carácter permanente nas institucións de adscrición e facilitando o inicio ou o afianzamento dunha liña de investigación mediante o financiamento dun proxecto propio de I+D+i así como a adecuación e renovación dos espazos e laboratorios e a mellora do equipamento necesarios para a súa execución.

Requisitos

Quen pode presentar unha solicitude?

As solicitudes serán individuais de cada investigadora ou investigador que actuará como IP e poderán presentalas quen se inclúa nas figuras sinaladas máis abaixo e teñan consumido, se é o caso, o período indicado, sempre que reúnan os requisitos sinalados no artigo 7 das bases da convocatoria entre os que están a posesión da acreditación R3/I3.

Ademais, deberá dispoñerse da acreditación a Profesorado Titular de Universidade.

  1. Figuras que poden presentar solicitude se teñen consumido un mínimo de dous anos na figura correspondente:
  • Persoal investigador contratado mediante unha axuda Ramón y Cajal.
  • Persoal investigador contratado mediante unha axuda Juan de la Cierva Incorporación.
  • Persoal investigador contratado a través dunha axuda Beatriz Galindo.
  1. Figuras que poden presentar solicitude sen necesidade de ter consumido dous anos na figura correspondente
  • Persoal investigador contratado mediante o Programa de Retención de Talento Investigador da Universidade de Vigo ou da Xunta.

Todos os requisitos e acreditacións, incluído a posesión do R3/I3, deben ser cumpridos a 24 de xuño de 2025, data de inicio de presentación de solicitudes na AEI.

Documentacion

Tramitación da declaración de interese

  1. Presentar a través da sede electrónica mediante unha instancia xenérica SXER dirixida ao Servizo de Recursos Humanos de Investigación, antes do 24 de xuño de 2025 ás 14.00 horas, o formulario asinado electronicamente xunto coa documentación que se solicita.   
  2. Unha vez comprobado que se cumpren os requisitos exixidos, a Comisión de Investigación fará a selección conforme ao indicado nestas instrucións  para que se presente a solicitude que, seguindo as bases da convocatoria de axudas de consolidación, deberá elaborar a persoa interesada que figurará como IP.
Observacións

Criterios de selección de candidaturas

Avalaranse un máximo de 10 candidaturas que serán seleccionadas pola Comisión de Investigación conforme aos seguintes criterios:

  • Data máis antiga de obtención de acreditación a titular de universidade.
  • Data máis antiga de obtención da acreditación R3/I3.
  • En caso de empate considerarase a antigüidade na figura.

O persoal investigador que solicite esta convocatoria deberá pedir necesariamente o incentivo para a creación e cobertura dunha praza permanente na súa área de coñecemento.

 

 

Documentos da convocatoria
Atrás