Secretaría Uvigo

Convocatoria interna PROGRAMA ATRAE, 2025

TipoRecursos Humanos
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoATRAE-25
Data inicio solicitudes02/05/2025
Data fin solicitudes12/05/2025
Descripción

A finalidade destas axudas é facilitar a incorporación de talento investigador consolidado, de recoñecido prestixio internacional e que acredite ter desenvolvido recentemente un período relevante da súa actividade profesional no estranxeiro, de xeito que se promova o avance cara a un SECTI máis competitivo a nivel nacional e internacional.

Requisitos

1. Requisitos exixidos pola convocatoria da AEI

a)Estar en posesión do grao de doutora cuxa data de obtención sexa anterior ao 01/01/2018. Para quen estea en posesión de máis dun doutoramento, este requisito referirase ao primeiro deles.

b)Ter estado vinculado profesionalmente con organismos de investigación estranxeiros durante, alomenos 5 anos, no período comprendido entre o 01/01/2019 e o 24/04/2025.

c) Non pertencer a algún dos corpos de funcionariado docente universitario das universidades públicas, nin ser persoal investigador funcionario de carreira ao servizo dos OPIs da AG, nin estar contratada nunha universidade pública española como profesorado contratado doutor ou baixo figuras equivalentes de axencias autonómicas. Este requisito deberá cumprirse durante toda a tramitación, dende o momento de presentación da solicitude ata a súa resolución.

d)Non ter superado un proceso selectivo ou ter resultado proposto nun concurso para o ingreso ou acceso a algún dos corpos, escalas ou prazas recollidas no apartado Este requisito deberá cumprirse durante toda a tramitación, dende o momento de presentación da solicitude ata a súa resolución.

2. Quen pode presentar unha candidatura pola Universidade de Vigo?

Según o acordo tomado pola Comisión de Investigación realizada o 28 de abril de 2025, pode presentar unha candidatura como IP calquera persoa de fóra da Universidade de Vigo que cumpra os requisitos sinalados no punto 3 deste documento e que sexa un investigador ou investigadora consolidada.

Conforme á convocatoria do Programa ATRAE considérase investigador ou investigadora consolidada de recoñecido prestixio internacional a quen, tendo realizado ao longo da súa carreira achegas de grande relevancia e impacto na súa área de especialización, responda a criterios tales como:  

- se atope dentro do 10% de persoal investigador máis destacado na súa área de especialización a nivel global.

- sexa investigador ou investigadora responsable dun proxecto activo do Consejo Europeo de Investigación (ERC)

- posúa o nivel máis alto da carreira académica/investigadora no país de orixe.

- teña dirixido como IP un número significativo de proxectos de investigación en convocatorias competitivas xa sexa nacionais de calquera país ou internacionais,

 

A selección final das candidaturas que presentará a Universidade de Vigo será feita pola Comisión de Investigación.

 

Documentacion

A declaración de interese debidamente asinado debe presentarser a través da sede electrónica mediante unha instancia xenérica SXER dirixida ao Servizo de Apoio á Investigación e ao Desenvolvemento, antes do 12 de maio de 2025 ás 23.59 horas xunto con:

 -CV da persoa candidata proposta. Débese facer especial mención aos requisitos específicos exixidos no punto 4  deste documento.

- Copia do título de doutora ou doutor.

A instancia xenérica pode ser presentada pola persoa que presenta a candidatura ou por quen avala a candidatura no caso de persoas alleas á Universidade de Vigo.

Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Enlace á convocatoria do Ministerio de Ciencia e Innovación: https://www.aei.gob.es/convocatorias/buscador-convocatorias/ayudas-incentivar-incorporacion-talento-consolidado-programa
Atrás