Secretaría Uvigo

Axudas propias para a mobilidade do persoal investigador da Universidade de Vigo

TipoRecursos Humanos
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoMOBVIGO_25
Data inicio solicitudes28/04/2025
Data fin solicitudes19/05/2025
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uvigo.sv/
Descripción

A convocatoria de axudas propias á mobilidade de persoal investigador da Universidade de Vigo ten por obxecto financiar parcialmente as estadías en centros de investigación do persoal investigador que cumpra os requisitos sinalados, co obxectivo de contribuír ao intercambio de coñecemento e á mellora e internacionalización da súa actividade investigadora.

Requisitos

Pertencer a un dos seguintes grupos:

Grupo 1:

-Estudantes de doutoramento. Quen sexa beneficiaria ou beneficiario dunha axuda de apoio á etapa predoutoral non poderá solicitar axuda para a mesma estadía para a quen ten concedido financiamento autonómico ou estatal.

O estudantado que goce dunha axuda á etapa predoutoral de calquera modalidade (Formación de Profesorado Universitario -FPU-, Formación de doutoras e doutores –FPI-, Xunta de Galicia ou Universidade de Vigo) deberá contar, no seu caso, coa conveniente autorización de ausencia ou o correspondente trámite que estableza a convocatoria pola que acadou a axuda predoutoral.

Grupo 2:

-Persoal investigador contratado no marco de calquera programa competitivo de persoal investigador predoutoral en formación que se atopen no período de orientación posdoutoral (POP).

b) Non estar incursa nalgunha das circunstancias establecidas no artigo 2 da Lei 38/2003, de 17 de novembro xeral de subvencións.

c) Ter agotado o crédito concedido para realizar estadías de investigación polas convocatorias autonómicas ou estatais correspondentes.

d) Non ter sido obrigada a reintegrar ou non ter perdido o dereito ao cobro do importe dalgunha axuda propia para a mobilidade de persoal investigador da Universidade de Vigo nas tres últimas convocatorias.

Documentacion

Conforme a base novena das bases da convocatoria.  

Prazo para resolver6 meses
Silencio administrativoDesestimatorio

Fase de solicitude

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás