Descripción | Esta convocatoria ten unha finalidade académica, con recoñecemento das actividades realizadas que podan axustarse ao marco de programas de mestrados, graos ou doutoramentos da Universidade de Vigo, así como de adquisición de competencias transversais a través da interrelación con participantes doutros países integrados no proxecto Erasmus+ KA2 ASSET
CRONOGRAMA:
- Publicada a convocatoria no taboleiro electrónico oficial con data 07/04/2024. Prazo de presentación de solicitudes desde o 08/04/2025 ata o 30/04/2025 ás 23:59h
- Publicada a resolución provisional de admitidos e excluídos no taboleiro electrónico oficial con data 07/05/2025. Establécese un prazo de subsanación e mellora da solicitude de 5 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no taboleiro oficial da Universidade de Vigo para que as persoas aspirantes excluídas poidan emendar os erros e a falta de documentación a través da instancia xenérica (SXER) https://sede.uvigo.gal/public/catalog-detail/22615858 existente na sede electrónica, e indicarán na exposición de motivos como asunto “Bolsa mobilidade_OPI_proxecto Erasmus+ ASSET” e dirixida á Oficina de Proxectos Internacionais (OPI). Remata o prazo de subsanación: 14 de maio ás 23:59h
- Publicada a resolución definitiva de admitidos e excluídos no taboleiro electrónico oficial con data 15/05/2025
- Publicada con data 29/05/2025 a Resolución provisional de concesión e lista de agarda. As persoas interesadas disporán dun prazo de alegacións de 5 días hábiles que deberán presentarse a través da instancia xenérica (SXER) https://sede.uvigo.gal/public/catalog-detail/22615858 existente na sede electrónica, indicando na exposición de motivos como asunto “Bolsa mobilidade_OPI_proxecto Erasmus+ ASSET_2025” e dirixida á Oficina de Proxectos Internacionais (OPI) Remata prazo de alegacións o 5 de xuño ás 23:59h
- Publicada con data 09/07/2025 a Resolución definitiva de concesión e lista de agarda. Os beneficiarios dispoñen dun prazo de 5 dias naturais a partir do día seguinte para aceptar ou renunciar por sede electrónica. Remata prazo o luns 14 de xullo ás 23:59h
|