"Prácticas Campus Rural" 2024/2025 - Fase II solicitude estudantado
| Tipo | Bolsa de formación | 
| Organismo convocante | Universidade de Vigo | 
| Código | 2024_2025_Campus Rural | 
| Data inicio solicitudes | 03/04/2025 | 
| Data fin solicitudes | 24/04/2025 | 
| Descripción | O obxectivo que se persegue é que estudantes universitarios de calquera titulación oficial poidan completar a súa formación mediante a realización de prácticas académicas, tanto curriculares como extracurriculares, no ámbito rural, en zonas con problemas de despoboamento, residindo no mesmo, coñecéndoo en profundidade e convivindo e colaborando coa súa xente, de modo que poidan velo como un lugar de oportunidades para o desenvolvemento do seu futuro profesional. | 
| Requisitos | Poderá presentar solicitude o estudantado que cumpra os seguintes requisitos: 
 | 
| Documentacion | As persoas solicitantes deberán encher o formulario en liña no seguinte enlace https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/13762, descargalo e presentalo na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) a través da Instancia Xenérica (SXER) existente na sede, pondo en Asunto “Bolsa prácticas Campus Rural”, achegando unicamente o formulario coa solicitude. As persoas solicitantes poderán elixir un máximo de 8 prácticas das publicadas no anexo II desta convocatoria e deberán establecer unha orde de prioridade que será vinculante. Para a presentación electrónica deste procedemento, a sede electrónica da Universidade de Vigo dispón de instrucións de axuda que deberán ser observadas en todo momento polas persoas solicitantes:https://www.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/contents/paragraph-file/2020-06/Guia_rexistro_instancia_xenerica_gl.docx.pdf. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de presentación dos formularios, poderán dirixirse ao enderezo electrónico sede@uvigo.gal PRAZO: O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte a publicarse esta convocatoria e rematará o 24 de abril de 2025 ás 23:59 horas (hora peninsular española). | 
| Observacións | 
 | 
| Prazo para resolver | 3 meses | 
| Silencio administrativo | Desestimatorio | 
| Documentos da convocatoria | |
| Ligazóns da convocatoria | |
| Teléfono: | 986814094 | 
| Web: | https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-formacion | 
| Correo electrónico: | bolsasformacion@uvigo.gal | 
| Enlace a taboleiro: | https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=42612193 | 
| Base de datos nacional de subvencións: | https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/824691 | 
29/04/2025 Listaxe provisoria de solicitudes admitidas e excluídas
| Observacións | |
| Prazo de alegacións alegacións a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución e ata o día 6 de maio ás 23:59 horas (hora peninsular española) para, de ser o caso, emendar os defectos que motivaron a súa exclusión ou completar a solicitude. Para tal fin deberán empregar o formulario de alegacións existente na secretaría virtual. | |
| Documentos da fase da convocatoria: | |
08/05/2025 Listaxe definitiva de solicitudes excluídas
| Observacións | |
| Documentos da fase da convocatoria: | |
16/05/2025 Listaxe provisoria de persoas con bolsa concedida e listaxe de agarda
| Observacións | |
| Alegacións a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución e ata o día 23 de maio ás 23:59 horas (hora peninsular española). Para tal fin deberán empregar o formulario de alegacións existente na Secretaría Virtual. | |
| Documentos da fase da convocatoria: | |
26/05/2025 Listaxe definitiva de persoas con bolsa concedida e listaxe de agarda
| Observacións | |
| As persoas con bolsa concedida deberán enviar a (bolsasformacion@uvigo.es), no prazo de tres días desde a publicación, o informe de acreditación do número da Seguridade Social descargado da páxina web da Seguridade Social (pax web SS SS), para proceder a dalas de alta na seguridade social. | |
| Documentos da fase da convocatoria: | |
