AXUDAS PROPIAS A GRUPOS, CENTROS DE INVESTIGACIÓN E AGRUPACIÓNS DA UNIVERSIDADE DE VIGO
Tipo | Grupos de investigación |
Organismo convocante | Universidade de Vigo |
Código | 2025 AXUDAS UVIGO |
Data inicio solicitudes | 19/03/2025 |
Data fin solicitudes | 18/04/2025 |
Descripción | A presente convocatoria ten por obxecto potenciar o desenvolvemento de actividades de investigación colaborativas entre grupos de investigación que axuden a desenvolver as liñas estratéxicas da Universidade, así como a transferencia dos resultados no ámbito nacional e internacional. Modalidades: Modalidade A - Promoción da Investigación A.2.- Preparación de proxectos internacionais de I+D+i Modalidade B – Reunións científicas |
Observacións | Para as axudas a contratos-programa o prazo para presentar a solicitude será o que se indique na invitación cursada aos grupos que non resultaran adxudicatarios na convocatoria autonómica de axudas estruturais a grupos do ano 2025 e que resultasen ben valorados. Para as restantes axudas o prazo de presentación será ata o 18/04/2025. As solicitudes, acompañadas pola documentación prevista para cada axuda deberán tramitarse a través do módulo de convocatorias do Sistema Unificado de Xestión de Investigación (SUXI). O acceso ao SUXI realízase a través da secretaría virtual da Universidade de Vigo no seguinte enderezo: https://secretaria.uvigo.gal/uvigo.sv/ Unha vez rematado o procedemento, o formulario de solicitude resultante, xerado pola aplicación, debe ser asinado e presentado a través da sede electrónica da Universidade de Vigo no seguinte enderezo https://sede.uvigo.gal/ mediante unha instancia xenérica SXER, sen prexuízo de que tamén poida presentarse nos lugares indicados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro de procedemento administrativo común das administracións públicas. |
Prazo para resolver | 6 meses |
Documentos da convocatoria | |