Bolsa Xeral do MEFPD 2025/2026
| Tipo | Bolsa de estudo |
| Organismo convocante | Ministerio de Educación y Formación Profesional |
| Código | 2025_2026 BX MEFPD |
| Data inicio solicitudes | 24/03/2025 |
| Data fin solicitudes | 30/05/2025 |
| Descripción | Destinada a persoas que se matriculan na Universidade de Vigo no curso 2025/2026 nunha titulación oficial de grao ou máster, agás as empadroadas nun municipio do Pais Vasco a 31 de decembro de 2024. Preguntas frecuentes: https://www.becaseducacion.gob.es/dudas/faqs.html |
| Requisitos | |
| Documentacion | Presentación de solicitudes: a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, Formación Profesional y Deporte no enderezo https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=2256 no apartado correspondente a “trámites e servizos”. NON SERÁN TIDAS EN CONTA AQUELAS SOLICITUDES CUBERTAS POR VÍA TELEMÁTICA QUE NON COMPLETEN O PROCESO DE PRESENTACIÓN ESTABLECIDO, DESCARGANDO O RESGARDO DE SOLICITUDE. |
| Observacións | O prazo para solicitar a bolsa da convocatoria xeral para o curso 2025/2026 ábrese do 24 de marzo de 2025 ás 08:00 h ata o 30 de maio de 2025 ás 15:00 h (horas peninsulares). Non o deixes para o final. Pide a túa bolsa aínda que non saibas o que vas estudar ou mesmo se vas ou non a estudar. Aviso moi importante: lémbrase que procederá á devolución da bolsa concedida no caso de:
|
| Documentos da convocatoria | |
| Ligazóns da convocatoria | |
| Teléfono: | 986 813611 |
| Correo electrónico: | bolsas@uvigo.es |
| web: | https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-estudo |
| Información: | https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/universidad-grado-master/tipos-de-becas.html |
| BOE: | https://www.boe.es/buscar/doc.php?id=BOE-B-2025-10203 |
| Sede electrónica: | https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=2076 |
Alegacións
| Descrición | |
Para presentar unha alegación debes entrar preferentemente no seguinte formulario da secretaria on-line: ALEGACIÓNS Beca Ministerio de Educación, Formación Profesional y Deportes ESTUDANTADO DE CONTINUACIÓN 2025/2026 https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/14781 Podes presentar a alegación tamén a través de calquera das dependencias contempladas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
|
13/04/2025 Resolución definitiva
| Descrición | |
Para presentar o recurso de reposición debes cumprimentar o impreso e presentalo a través de calquera das dependencias contempladas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas: - No rexistro electrónico da Administración ou organismo á que se dirixan, así como nos restantes rexistros electrónicos de calquera dos suxeitos a que se refire o artigo 2.1. - Nas oficinas de Correos, na forma que regulamentariamente se estableza. - Nas oficinas de asistencia en materia de rexistros. - Na Universidade de Vigo podes facelo a través: * Da sede https://sede.uvigo.gal/ (Estudantes-Instancia xenérica: https://sede.uvigo.gal/public/catalog-detail/22615858 ) * Ou presencialmente nos rexistros dos tres campus.
A documentación que presente xunto co documento do recurso, debe estar completa, perfectamente lexible e coa información correcta. Debe achegar toda a documentación que considere precisa, ainda que a achegara anteriormente. | |
| Observacións | |
O prazo de presentación do recurso de reposición comenza o 14 de abril de 2026 e remata o 13 de maio de 2026, ambos inclusive. | |
| Documentos da fase da convocatoria: | |