Secretaría Uvigo

Bolsas de Mobilidade en proxectos de cooperación curso 24/25

TipoMobilidade estudantes
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2024_2025 Mobilidade en proxectos de cooperación
Data inicio solicitudes26/02/2025
Data fin solicitudes20/03/2025
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/bolsas/convocatorias/index
Descripción

Por medio desta bolsa o estudantado de grao ou mestrado oficial da Universidade de Vigo poderá realizar unha estadía vinculada a un axente de cooperación no marco dun proxecto ou acción de cooperación nun pais dos sinalados nesta convocatoria, e que o traballo que desenvolva sexa validado no marco de traballos de fin de carreira, prácticas, ou traballos recoñecidos no marco de materia.


O obxectivo desta acción é a sensibilización do estudantado a través da súa participación nos proxectos de Cooperación internacional para o Desenvolvemento, co fin de que integren elementos teóricos e prácticos adquiridos na súa formación académica e contribúan como universitarios e cidadáns comprometidos cos retos globais contidos na Axenda 2030.

Requisitos

a) Estar matriculado no curso 2024/2025 nunha titulación de Grao ou Máster universitario da Universidade de Vigo.

b) Ter superado o 50% dos créditos da titulación de Grao.

c) Realizar a estadía nun dos países prioritarios establecidos no V plan director da Cooperación Galega: Bolivia, Ecuador e Perú (en América do Sur), República Dominicana (no Caribe) Guatemala, O Salvador, Honduras, e Nicaragua (en Centro América), Mozambique, Cabo Verde e Guinea Bissau (en África) ou nos incluídos dentro das áreas prioritarias do VI Plan da cooperación Española.

d) Comprometerse a realizar prácticas, un traballo académico con recoñecemento curricular, ou defender o Traballo Fin de Estudos, no curso 2024/2025 ou 2025/26 en temáticas relacionadas con:

  1. Axenda 2030 e os obxectivos de desenvolvemento sostible.
  2. Cooperación ao desenvolvemento: cooperación financeira; cooperación técnica; axuda alimentaria e axuda humanitaria; principios e fundamentos xurídicos; política e xestión; cooperación e muller; dereitos humanos; ONGD e outros actores da cooperación ONGD; cooperación empresarial; cooperación

e) Contar coa aceptación dun axente de cooperación responsable do proxecto de cooperación no exterior (ONGD, Asociación, Fundación, Universidade)

f) Contar co visto e prace dun/dunha profesor/a da Universidade de Vigo, no que se reflicta o interese formativo da estadía, no que constarán as indicacións do recoñecemento curricular que poidan supoñer para o/a estudante (prácticas, materias, ou traballo fin de estudos).

g) Para aqueles países cuxo idioma oficial non sexa nin español nin portugués cómpre acreditar, segundo o Marco Común Europeo de Referencia, o nivel B1 de inglés/ francés.

h) Non poderán ter a condición de beneficiarios/as persoas que residan habitualmente no país no que se solicita a estadía.

i) Deberán presentar declaración responsable segundo modelo (Anexo V)

Non poderán ter a condición de beneficiario/a as persoas nas que concorra algunha das circunstancias establecidas no artigo 13.2 da Lei 38/2003 xeral de subvencións, de 17 de novembro.

Documentacion
  1. As persoas solicitantes deberán cubrir o formulario en liña dispoñible na secretaría virtual da Universidade https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/bolsas/convocatorias/index Bolsa de mobilidade proxectos cooperación

O modelo específico de presentación de solicitudes é de uso obrigatorio para as persoas interesadas neste procedemento (art. 66.6 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas). Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude de xeito presencial, solicitaráselle que a presente de xeito electrónico.

  1. O prazo de presentación de solicitudes comeza o día seguinte a publicarse esta convocatoria e finaliza o 20 de marzo de 2025 ás 23:59 horas (hora peninsular española).
  2. No formulario en liña achegarase a seguinte documentación:

a)Documentación acreditativa da formación e/ou experiencia en voluntariado e cooperación ao desenvolvemento.

b) Documentación acreditativa do idioma, B1 de inglés/francés (no caso de ser preciso, segundo país de destino).

c) Plan de traballo individualizado que conterá unha descrición do traballo a realizar no marco do TFG/TFM, practicas ou traballo académico a súa motivación, obxectivos, actividades e resultados (Anexo II)

d) Informe dun/dunha profesor/a da UVigo, na que se reflicta o interese formativo da estadía, no que constarán as indicacións do recoñecemento curricular que poidan supoñer para o/a estudante (prácticas de materias, proxecto fin de carreira ou traballo de materias). (Anexo III)

e) Carta de acollida e presentación do proxecto asinada pola organización ou persoa coordinadora do proxecto de acollida. (Anexo IV)

f) Declaración responsable (Anexo V)

Observacións

A persoa beneficiaria da bolsa deberá:

1) Antes da estadía:

a) Asistir á formación organizada pola UVIGO e a entidade de cooperación.

b) A xestionar a súa viaxe, aloxamento, vacinacións e de ser o caso tramitar o visado e realizar calquera outra xestión necesaria para asegurar a permanencia no destino durante a duración do estadía.

c) Comunicar calquera proposta de cambio de datas, que deberá ser autorizada previamente.

2) Durante a estadía:

a) No momento da súa chegada ao pais de destino deberá enviar por correo electrónico a bolsas@uvigo.es xustificante de inicio de estadía asinado polo/a titor/a da entidade de acollida

b) Cumprir co plan de traballo presentado na solicitude. Calquera modificación (de datas, centro de destino...) deberá ser autorizada pola vicerreitora de Extensión Universitaria á vista dos informes dos/as titores/as.

c) Cumprir a normativa vixente relativa ás prácticas externas establecidas pola universidade de Vigo, responsabilizándose da tramitación dos documentos que corresponda.

3) Ao finalizar a estadía:

a) Presentar un informe do/a titor/a da entidade de acollida que recolla a data de fin da estadía e o grao de desempeño.

b) Presentar unha memoria xustificativa do traballo realizado, resultados acadados e coñecementos adquiridos, que deberá contar co visto e prace do/a profesor/a.

c) Cubrir unha enquisa de satisfacción ao regreso da estadía.

4) Deberá presentar na Vicerreitoría de Extensión Universitaria documentación visual da súa estadía (fotografías ou vídeos en formato .JPG) e da súa participación no En todo o material que se xere das actividades que se desenvolvan no marco desta convocatoria deberá constar que se levaron a cabo con financiamento da Universidade de Vigo.

5) Participar, no caso de que se lle requira, nunha actividade de sensibilización que determinará a Vicerreitoría de Extensión Universitaria, na que relatará a súa experiencia no terreo.

6) Defender o traballo fin de estudos, matricularse/recoñecer as prácticas, ou a materia relacionada coa actividade, segundo sexa o caso, no curso 2024/2025 ou 2025/2026.

Ademais a persoa beneficiaria debe cumprir as obrigas recollidas no artigo 14.1 da Lei 38/2013, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, que lle sexa de aplicación.

Prazo para resolver3 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Teléfono: 986 81 40 94
Web: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-mobilidade
Enlace a Taboleiro: https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=42176237
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.gal

24/03/2025 Listaxe provisoria de solicitudes admitidas e excluídas.

Observacións

Prazo de alegacións a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución e ata o día 8 de abril ás 23:59 horas (hora peninsular española) para, de ser ocaso, emendar os erros, as causas de exclusión e a falta de documentación. Para tal fin deberán empregar o formulario de alegacións existente na secretaría virtual.

Enlace a taboleiro

Documentos da fase da convocatoria:

10/04/2025 Listaxe definitiva de solicitudes excluídas

Observacións

Enlace o taboleiro

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás