Secretaría Uvigo

Convocatoria de 5 bolsas de mobilidade para participar nun curso intensivo do 8 ao 12 de setembro de 2025 na Universidade de Aveiro (PORTUGAL) , no marco do proxecto Erasmus+ KA2 ABRAXAS (RR 20/02/2025)

TipoMobilidade estudantes
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoABRAXAS
Data inicio solicitudes21/02/2025
Data fin solicitudes15/04/2025
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/13745
Descripción

Esta convocatoria ten unha finalidade académica, con recoñecemento das actividades realizadas que podan axustarse ao marco de programas de mestrados, graos e doutoramentos da Universidade de Vigo, así como  de adquisición de competencias transversais a través da interrelación con participantes doutros países integrados no proxecto Erasmus+ KA2 ABRAXAS

Requisitos académicos: estar matriculada/o no curso 2024-25 nalgunha titulación de grao, mestrado ou doutoramento oficial da Universidade de Vigo, e garantir que seguirá matriculado no curso 2025-26, cando se desenvolva a actividade.

Solicitude e documentación: As persoas solicitantes presentarán a súa solicitude a través da instancia xenérica (SXER) https://sede.uvigo.gal/public/catalog-detail/22615858 existente na sede electrónica, e indicarán na exposición de motivos como asunto “Bolsa mobilidade_OPI_proxecto Erasmus+ ABRAXAS” e sinalarán no apartado do órgano ao que se dirixe: Oficina de Proxectos Internacionais (OPI)
Xunto coa instancia xenérica deberán presentar a seguinte documentación:

• O formulario específico desta convocatoria que se atopa dentro da Secretaría on line da Universidade de Vigo no apartado formularios e enquisas, e aberto unicamente durante o período se presentación das solicitudes:
https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/13745   Este formulario é obrigatorio cubrilo e para completar o proceso deberá descargarse para presentalo xunto coa instancia xenérica da sede electrónica.

Currículo (CV)

Cronograma:

  • Publicada a convocatoria no taboleiro electrónico oficial con data 20/02/2025. Prazo de presentación de solicitudes desde o 21/02/2025 ata o 15/04/2025 ás 23:59h
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Correo electrónico: baseopi2@uvigo.es
Atrás