Secretaría Uvigo

Axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral da Xunta de Galicia_Procedemento interno

TipoRecursos Humanos
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoPOSDOU_XUNTA_25
Data inicio solicitudes03/02/2025
Data fin solicitudes28/02/2025
Descripción

Convocatoria de axudas pola Xunta de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva, para a contratación de persoas tituladas superiores que obtiveran o recoñecemento do título de doutora ou doutor para a súa formación nos centros, unidades ou departamentos das universidades do SUG permitindo nunha primeira fase a mellora das súa capacidades mediante estadías de investigación posdoutoral no estranxeiro. Así mesmo terá como finalidade darlle continuidade á súa carreira investigadora, nunha segunda fase da axuda, que posibilitará un perfeccionamento na súa formación e o establecemento dunha liña de investigación propia que lles permita, nun futuro, consolidar a súa traxectoria.

Requisitos

Os sinalados no artigo 2 da convocatoria de axudas. 

ORDE do 26 de decembro de 2024,  pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (códigos de procedemento ED481B e IN606B).

Documentacion

As persoas interesadas que cumpran os requisitos deberán presentar unha declaración de interese conforme ao modelo facilitado, xunto cos documentos indicados no procedemento interno para a presentación de candidaturas, para o que o último día é 12 de febreiro de 2025.

Conforme ao establecido no procedemento interno para presentar unha candidatura pola Universidade de Vigo.

CALENDARIO PARA TRAMITACIÓN: 

- 14 de febreiro data límite para enviar o modelo de pertenza da persoa candidata ao grupo e campus dos recollidos no artigo 12.2 da convocatoria.

-24 de febreiro ás 9.00 horas data límite para compartir o borrador na sede da Xunta de Galicia.

Observacións

É responsabilidade das persoas interesadas en presentar unha candidatura ler con atención as bases que rexen a convocatoria.

É imprescindible seguir as indicacións contidas no procedemento interno publicado nesta convocatoria para poder presentar unha candidatura ás axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral da Xunta de Galicia pola Universidade de Vigo. 

 

Ligazóns da convocatoria
Enlace á Secretaría Xeral de Universidades: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/45709

Fase de solicitude interna

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás