Tipo | Premios |
Organismo convocante | Universidade de Vigo |
Código | 2024_Incuvi Avanza |
Data inicio solicitudes | 30/01/2025 |
Data fin solicitudes | 17/02/2025 |
Enderezo formulario para solicitude online | https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/13689 |
Descripción | Obxecto:
O obxecto desta convocatoria é a concesión de axudas que contribúan á aceleración de proxectos emprendedores promovidos por estudantes ou persoas recentemente tituladas da Universidade de Vigo co fin de que estas podan validar a idea e analizar a existencia dunha demanda real no mercado.
A axuda consiste en:
- Axuda en especie:
- Formación: Os equipos emprendedores recibirán formación desde a resolución de concesión ata setembro, dirixida á preparación da prototipación e á planificación do marketing cunha dedicación de 20 horas. Preferiblemente, as horas de formación levaranse a cabo de forma presencial e de xeito conxunto para os catro equipos participantes.
- Mentorización personalizada: (presencial ou telemático), cunha dedicación de 12 horas por proxecto que desenvolveranse ao longo do programa (marzo – xullo 2025)
- Desenvolvemento da idea de negocio (traballo non presencial): cunha dedicación estimada de 12 horas de traballo autónomo por parte das persoas beneficiarias das axudas
- Presentación do proxecto ante representantes das entidades patrocinadoras e colaboradoras do programa nun demo-day prevista para mediados do mes de setembro, coincidindo ca Pont-Up Store de Pontevedra. A preparación desta presentación ten dedicación estimada de 4 horas presenciais e 4 horas de traballo autónomo por parte das persoas beneficiarias das axudas.
- Achega económica máxima de 1.000 € por proxecto para facer fronte a custos de prototipación ou demo dun produto ou servizo que forme parte da iniciativa emprendedora.
|
Requisitos | 1. REQUISITOS DAS PERSOAS SOLICITANTES:
- Estudantado matriculado na Universidade de Vigo en estudos de Grao ou Máster universitario no curso 2024/2025.
- Persoas tituladas en titulacións oficiais pola Universidade de Vigo no curso 2021/2022 ou posteriores.
- Estudantado matriculado en titulacións oficiais ou persoas tituladas noutras universidades españolas no curso 2021/2022 ou posteriores, sempre que non superen o 50% dos membros do equipo.
- COMPOSICIÓN DOS EQUIPOS:
- O proxecto emprendedor poderá presentarse de maneira individual ou por parte dun equipo de 4 persoas como máximo; neste último caso haberá unha persoa que actuará como coordinadora.
- A persoa ou membros do equipo promotor deberán ter a autoría intelectual das ideas que presentan ou, no seu defecto, dispor dos permisos correspondentes de uso da propiedade intelectual e/ou industrial de terceiros.
- Non se poderá presentar máis dun proxecto nin pertencer a varios equipos emprendedores.
- As persoas que formen parte do equipo promotor deberán estar nalgunha das seguinte situacións:
- Que fosen beneficiarios dun premio nas últimas cinco edicións da convocatoria INCUVI-Emprende e desexen continuar coa maduración da idea. No caso de presentarse un equipo, so é necesario que a persoa que presenta a solicitude (e que actuará como promotora do proxecto emprendedor) houbera participado na convocatoria INCUVI-Emprende. De ser este o caso, haberá que presentar a renuncia formal dos restantes membros do equipo que non queiran seguir madurando a idea, e polo tanto se desvinculen do proxecto emprendedor obxecto do premios Emprende.
- Que, sen seren beneficiarios dun premio da convocatoria de INCUVI-Emprende, teñan unha idea que xa posúa un modelo de negocio validado. Para isto os equipos emprendedores candidatos deberán acreditar a súa participación nun programa de apoio ao emprendemento, un produto mínimo viable e/ou un test de mercado.
-
|
Documentacion |
- BREVE CURRÍCULO de todas as persoas integrantes do equipo emprendedor (máximo 1 cara tamaño A4) no que indiquen formación, experiencia e outra información considerada de utilidade para reforzar a súa candidatura.
- VÍDEO DE PRESENTACIÓN DO PROXECTO, cun formato mp4 e de duración non superior a 2 minutos.
- FORMULARIO DE RENUNCIA, que terán que cubrir e firmar aqueles membros beneficiarios das axudas no INCUVI-Emprende (e que polo tanto opten a axuda pola Modalidade 1) que decidan desvincularse da idea na que traballaron ó longo do programa.
- No caso de equipos que non obtiveran premio INCUVI-Emprende deberán presentar un PLAN DE NEGOCIO, un produto mínimo viable e/ou un test de mercado.
|
Prazo para resolver | 3 meses |
Silencio administrativo | Desestimatorio |
Documentos da convocatoria |
|
Ligazóns da convocatoria |
Correo electrónico: |
bolsasformacion@uvigo.gal |
Teléfono: |
986814094 |
web: |
https://www.uvigo.gal/es/estudiar/gestiones-estudiantes/becas/premios |
Enlace ao taboleiro electrónico: |
https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=41765598 |