Convocatoria de prazas de intercambio con países extracomunitarios 2025-26
Tipo | Mobilidade estudantes |
Organismo convocante | Universidade de Vigo |
Código | Prazas de intercambio con países extracomunitario 2025-26 |
Data inicio solicitudes | 11/01/2025 |
Data fin solicitudes | 30/01/2025 |
Enderezo formulario para solicitude online | https://uvigo.moveon4.de/form/60c38279ac1c46496e1da6e4/glg |
Requisitos | Os establecidos no punto 2 das bases: Requisitos académicos: Estar matriculado/a no curso académico 2024-2025 nalgunha das titulacións oficiais de grao ou de mestrado universitario que se ofertan na Universidade de Vigo ou en centros adscritos de titularidade pública que imparten titulacións non impartidas en centros propios (Enfermaría Ourense, Enfermaría Pontevedra e Enfermaría Meixoeiro).No caso de estudos de mestrado universitario oficiais, deberán ser titulacións de máis de 60 créditos. O estudantado deberá estar matriculado na Universidade de Vigo no curso académico 2025-2026 durante o seu período de intercambio. No caso de solicitar destinos con financiamento Erasmus+, non poderá realizarse unha estadía inferior a 2 meses nin superior a 12 meses. Ademais, no caso de ter realizado anteriormente outras estadías Erasmus+, a suma de todas elas non poderá superar os 12 meses en total en cada ciclo de estudos, grao ou mestrado universitario. Neste cómputo inclúense tanto as bolsas Erasmus+ para estudos como as de prácticas e as realizadas nun ciclo superior de Formación Profesional ou noutra institución de ensino superior no mesmo nivel de estudos. As estadías poderán realizarse entre o 1 de xullo de 2025 e o 31 de xullo de 2026. Atendendo ao Regulamento de mobilidade internacional da Universidade de Vigo, recoméndase a inclusión de 30 créditos ECTS por cuadrimestre e 60 créditos ECTS por estadía anual no contrato de estudos. Os créditos cursados a maiores dos esixidos no grao aparecerán igualmente no Suplemento Europeo ao Título (SET). En todo caso, o número de créditos que se incluirá no contrato de estudos será dun mínimo de 36 créditos ECTS para mobilidades anuais e de 18 créditos ECTS para mobilidades cuadrimestrais. Poderanse incluír menos créditos: Se a normativa da universidade de destino impide una matrícula de mais créditos ECTS. Se a normativa do centro da Universidade de Vigo o permite. Estudantado con discapacidade recoñecida de máis do 65%. Estudantado con necesidades de apoio educativo adscrito ao programa PIUNE, previo informe favorable da Comisión Técnica de Atención á Diversidade (COATEN). O estudantado matriculado en PCEOs rexerase pola normativa do centro responsable dos programas de intercambio da titulación. Requisitos específicos das prazas Os requisitos específicos para cada unha das prazas aparecen detallados na relación de prazas do anexo III. O estudantado ten a obriga de consultalos e comprobar nas páxinas web das universidades de destino os requisitos académicos e lingüísticos para o estudantado entrante. Requisitos lingüísticos O estudantado deberá comprobar os requisitos das universidades de destino en relación ao nivel de idioma esixido. |
Documentacion | 1. Proposta de estudos (anexo IV): Deberá presentar unha proposta asinada por cada un dos destinos solicitados asinada pola persoa solicitante e pola persoa responsable de relacións internacionais do seu centro. Os datos das persoas responsables pódense consultar na seguinte ligazón: https://www.uvigo.gal/estudar/mobilidade/responsables-mobilidade 2. Certificacións oficiais de coñecemento de idiomas estranxeiros esixidos na normativa do centro de orixe e/ou pola universidade de destino.O estudantado deberá acreditarse mediante a presentación das seguintes certificacións: Certificacións oficiais recoñecidas pola Asociación de Centros de Lenguas en la Enseñanza Superior (ACLES): https://www.acles.es/uploads/archivos/Tablas_ACLES/Tablas_de_certificados_reconocidos_por_ACLES_2024_07_25.pdf Certificación emitida pola secretaría daqueles centros da Universidade de Vigo que teñan aprobada unha Táboa de recoñecemento do nivel de lingua estranxeira segundo o MCERL. Esta certificación deberá recoller o nome e apelidos do estudantado, a titulación na que está matriculado, o nivel de lingua estranxeira acadado e a lingua en cuestión, co aviso de que se emite para os únicos efectos de solicitar unha praza no marco desta convocatoria para o curso 2025-2026. Na data de publicación desta convocatoria, as facultades de Filoloxía e Tradución, Relacións Internacionais e Ciencias Empresariais e Turismo son os únicos centros que dispoñen desta Táboa. Quedan eximidos de acreditar o nivel de idioma: As persoas graduadas ou licenciadas de titulacións nas que a lingua de instrución, polo menos do 50 % das materias cursadas, coincida co idioma de estudo no centro de destino. O estudantado que aprobou un curso equivalente a cuarto da ESO ou superior en sistemas educativos do idioma de estudo no centro de destino. Non se aceptarán certificados de lingua castelá ou galega. Deberá terse en conta que estes requisitos son os esixidos pola Universidade de Vigo para a participación nesta convocatoria. As institucións de destino poden esixir requisitos diferentes ou adicionais. 3. Certificado de mobilidade, no caso do estudantado que gozase dunha bolsa Erasmus+ durante o mesmos nivel de estudos nun centro de Formación Profesional ou noutra institución de ensino superior. Deberá indicar o número exacto de meses e días de estadía realizados. 4. Documentos acreditativos da condición de estudantado con menos oportunidades O estudantado deberá aportar o xustificante relacionado coa opción seleccionada (xustificante de ter concedida a bolsa MEFP, de ser familia numerosa, etc)
|
Documentos da convocatoria | |