Convocatoria interna BEATRIZ GALINDO 2024
Tipo | Recursos Humanos |
Organismo convocante | Universidade de Vigo |
Código | BEAGAL-2024 |
Data inicio solicitudes | 11/01/2025 |
Data fin solicitudes | 20/01/2025 |
Enderezo formulario para solicitude online | https://www.ciencia.gob.es/Convocatorias/2024/BeatrizGalindo2024.html |
Descripción | O Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades vén de publicar a Orde ministerial pola que se aproba, por tramitación anticipada, a convocatoria de axudas Beatriz Galindo correspondente ao ano 2024, no marco do Plan estatal de Investigación Científica, Técnica e de Innovación ( PEICTI) 2024-2027 (BOE 9/1/2024). A Universidade de Vigo establece un procedemento interno de recepción e selección de propostas para que a institución poida presentar as súas cinco solicitudes de prazas que sinala como máximo a convocatoria.
|
Requisitos | 1. Modalidades Axuda Beatriz Galindo sénior: deberá acreditarse unha experiencia docente e investigadora de polo menos sete anos no estranxeiro, a contar dende a obtención do título de doutor/a e acreditar o desenvolvemento de proxectos no exterior. Axuda Beatriz Galindo júnior: deberá acreditarse unha experiencia docente e investigadora de como máximo sete anos no estranxeiro, a contar dende a obtención do título de doutor/a e acreditar o desenvolvemento de proxectos no exterior. 2. Procedemento interno de presentación de solicitudes: -Departamentos que dispoñan de unidades con capacidade de consolidación de profesorado. Enlace á plantilla de PDI da Universidade de Vigo: https://www.uvigo.gal/es/estudiar/organizacion-academica/plantilla-pdi -Departamentos que carezan de unidades con capacidade de consolidación de profesorado, pero que dispoñan de candidaturas excepcionales pola súa relevancia docente e investigadora conforme ás instrucións que acompañan esta convocatoria. |
Documentacion | Deberá presentarse pola sede electrónica da Universidade de Vigo a seguinte documentación: 1. Formulario de presentación de solicitudes debidamente cuberto e asinado. 2. CVs de como máximo 3 candidaturas por solicitude de perfil de praza. No CV deben constar os períodos de vinculación co estranxeiro. Non é necesario acompañar o CV da documentación xustificativa dos méritos, salvo a acreditación dos períodos no estranxeiro. |
Observacións | O prazo interno para presentar solicitudes de prazas coas propostas de candidaturas remata o 20 de xaneiro de 2025 ás 14:00 horas
|
Documentos da convocatoria | |
Ligazóns da convocatoria | |
Enlace ao cadro teórico do cadro de persoal de PDI dos departamentos da UVigo: | https://www.uvigo.gal/es/estudiar/organizacion-academica/plantilla-pdi |
Enlace convocatoria Ministerio: | https://www.ciencia.gob.es/Convocatorias/2024/BeatrizGalindo2024.html |