Programa de bolsas-prácticas ONCE-CRUE, 2024/2025
| Tipo | Bolsa de inclusión |
| Organismo convocante | Universidade de Vigo |
| Código | 2024-2025 Once Crue |
| Data inicio solicitudes | 18/11/2024 |
| Data fin solicitudes | 10/12/2024 |
| Enderezo formulario para solicitude online | https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/bolsas/convocatorias/index |
| Descripción | Obxecto: Facilitar o desenvolvemento de prácticas para estudantes universitarios con discapacidade, que inclúa a realización de prácticas académicas externas remuneradas, facilitando o seu acceso a unha primeira experiencia laboral e mellorando así a súas oportunidades laborais e a súa carreira profesional Duración: O período de prácticas terán unha duración de 3 meses consecutivos, e poderán desenvolverse desde o día seguinte á publicación da resolución de concesión das bolsas por parte da Universidade ata o 31 de outubro de 2025. O horario será de 25 horas semanais Contía: O importe da bolsa ascende a un máximo de 600 € euros brutos mensuais durante 3 meses. Estará suxeita á retención do IRPF e ás obrigas de cotización á Seguridade Social (cota obreira) que estableza na normativa vixente nestas materias. |
| Requisitos |
|
| Documentacion | A solicitude realizarase a través do formulario en liña dispoñible na secretaría virtual da Universidade https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/bolsas/convocatorias/index / Bolsa prácticas CRUE_ONCE O modelo específico de presentación de solicitudes é de uso obrigatorio para os interesados neste procedemento (art. 66.6 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas). Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude de xeito presencial, solicitaráselle que a presente de xeito electrónico. Así mesmo deberán rexistrarse na plataforma da ONCE https://becas.fundaciononce.es/paginas/becaspracticasoncecrue.aspx O prazo de presentación de solicitudes comeza o día seguinte a publicarse esta convocatoria e rematará 10 de decembro de 2024 ás 23:59 horas (hora peninsular española). IMPORTANTE: É PRECISO FACER A SOLICITUDE NOS DOUS ENLACES |
| Prazo para resolver | 3 meses |
| Silencio administrativo | Desestimatorio |
| Documentos da convocatoria | |
| Ligazóns da convocatoria | |
| Correo electrónico: | Enderezo electrónico |
| Teléfono: | 986 81 40 94 |
| Web: | https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-estudo |
| Enlace ao taboleiro: | https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=41041061 |
12/12/2024 Listaxe provisoria de solicitudes admitidas e excluídos
| Observacións | |
Alegacións a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución e ata o día 30 de decembro ás 23:59 horas (hora peninsular española). Para tal fin deberán empregar o formulario de alegacións existente na secretaría virtual. | |
| Documentos da fase da convocatoria: | |
13/01/2025 Listaxe definitiva de solicitudes excluídas
| Observacións | |
| Documentos da fase da convocatoria: | |
16/01/2025 Listaxe provisoria de persoas con bolsa concedida
| Observacións | |
Establecer un prazo de alegacións a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución e ata o día 31 de xaneiro ás 23:59 horas (hora peninsular española). | |
| Documentos da fase da convocatoria: | |
04/02/2025 Listaxe definitiva de persoas con bolsa concedida
| Observacións | |
| Documentos da fase da convocatoria: | |