Secretaría Uvigo

Axudas para a contratación de persoal investigador predoutoral en formación asociado a Proyectos de Generación de Conocimiento, 2023 (FPI 2024)

TipoRecursos Humanos
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoFPI_24
Data inicio solicitudes31/10/2024
Data fin solicitudes28/11/2024
Descripción

A presente convocatoria de axudas ten por obxecto seleccionar por concorrencia competitiva a persoas que estean a realizar a súa tese de doutoramento na Universidade de Vigo para que, en función da súa capacitación e formación, poidan converterse en novo persoal investigador en formación mediante a formalización dun contrato predoutoral asociado a un dos proxectos de investigación que obtivesen financiamento na convocatoria para o ano 2023 de axudas a «Proyectos de Generación de Conocimiento» e a actuacións para a formación de persoal investigador predoutoral.

Requisitos
  1. Estar matriculada nun programa de doutoramento da Universidade de Vigo a tempo completo no curso 2024/25 ou estar en disposición de matricularse na data de formalización do contrato. 
  2. Non ter iniciada a súa formación predoutoral con financiamento doutras axudas destinadas á formación predoutoral a través do desenvolvemento dunha tese de doutoramento que se outorgasen no marco do Plan Estatal de Investigación, Científica e Técnica ou dalgún dos anteriores plans nacionais.
  3. Non posuír un título de doutora ou doutor.
Documentacion
  1. Formulario de solicitude conforme ao anexo IV.
  2. Copia de pasaporte só para as persoas extracomunitarias que empreguen o procedemento excepcional sinalado no último parágrafo da base sexta.
  3. Copia das certificacións académicas das titulacións universitarias que se posúan ou das ensinananzas superadas na data de presentación da solicitude expedidas e facilitadas pola entidade académica correspondente na que consten as cualificacións obtidas.
  4. Equivalencia de notas medias de estudos universitarios realizados en centros estranxeiros debidamente asinada, só para o caso de títulos estranxeiros.
  5.  Curriculum vitae abreviado conforme a modelo normalizado https://cvn.fecyt.es/ onde deben constar especificamente as achegas científico-técnicas e a mobilidade e internacionalización así como a breve descrición do TFG e TFM coas puntuacións obtidas.
  6.  Declaración de estar ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias ao fronte da Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento algunha outra débeda con ningunha Administración Pública.

Cada solicitude poderá referirse a máis dun proxecto de investigación sinalado no anexo II desta convocatoria, pero os proxectos sinalados deben corresponder á mesma área temática.

Observacións

O formulario de solicitude xunto coa documentación exixida na base quinta da convocatoria debe ser presentada a través da sede electrónica da Universidade de Vigo no seguinte enderezo https://sede.uvigo.gal/ a través do procedemento «SINV-Axudas FPI», pulsando o botón «Iniciar tramitación».

De xeito excepcional para este procedemento, unicamente as persoas de nacionalidade extracomunitaria, poderán usar medios de acceso á sede electrónica alternativos, para o cal deberán iniciar o procedemento enviando un correo electrónico a estranxeiros@uvigo.gal antes de presentar a súa solicitude e con antelación suficiente ao día de peche do prazo de presentación.

Silencio administrativoDesestimatorio
Ligazóns da convocatoria
Convocatoria Proyectos de Generación del Conocimiento 2023: https://www.aei.gob.es/convocatorias/buscador-convocatorias/proyectos-generacion-conocimiento-2023
Taboleiro de anuncios da UVigo: https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=40846369

Fase de solicitude

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás