Secretaría Uvigo

Axudas para o apoio a deportistas universitarios/as de elite da Universidade de Vigo no curso 2024/2025

TipoMobilidade estudantes
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2024-2025 Mobilidade Deportistas Universitarios de élite
Data inicio solicitudes27/09/2024
Data fin solicitudes15/10/2024
Descripción

OBXECTO:

Estas axudas a deportistas de elite da Universidade de Vigo teñen por obxecto apoiar a participación de estudantes universitarios/as que destacan na actividade deportiva nacional ou internacional e que ao tempo contribúen a proxectar os valores propios da propia universidade.

Concederanse un máximo de dúas axudas destinadas a financiar o custo das actividades desenvolvidas no marco das competicións.

Requisitos

Poderá participar nesta convocatoria o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:

  1. Estar matriculado/a no curso académico 2024/2025 en titulacións de grao, mestrado universitario ou doutoramento na Universidade de Vigo.
  2. Ter participado nos anos 2023 e/ou 2024 nalgunha das seguintes competicións:
  • ámbito federado: campionatos mundiais, campionatos de Europa ou campionatos de España.
  • ámbito universitario: xogos mundiais ou campionatos mundiais da FISU.

Non poderán ter a condición de beneficiario/a as persoas nas que concorra algunha das circunstancias establecidas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións.

Documentacion

SOLICITUDE:

As persoas solicitantes deberán empregar o formulario en liña dispoñible na secretaría virtual da Universidade de Vigo no seguinte enlace https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/13648, descargalo e presentalo na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) a través da instancia xenérica (SXER) existente na sede, poñendo en asunto “Axudas a deportistas de elite 24/25” achegando so o formulario de solicitude. Só se poderá presentar unha solicitude por persoa.

O prazo de presentación das solicitudes comeza o día seguinte a publicarse esta convocatoria e finaliza o 15 de outubro de 2024 ás 23:59 horas (hora peninsular española).

DOCUMENTACIÓN:

No formulario en liña achegarase a seguinte documentación (non hai que subir documentación á sede electrónica):

  • Documentación acreditativa da participación en competicións mundiais universitarias da FISU e nas competicións oficiais federadas de ámbito nacional, europeo ou mundial.
  • Proxecto deportivo de preparación encamiñada á participación nunha competición mundial oficial de ámbito universitario ou nunha competición oficial federada de ámbito europeo ou mundial no ano 202 O documento incluirá unha secuencia temporal dos fitos intermedios máis relevantes na preparación, sendo a súa extensión máxima de 10 páxinas.
  • Informe da Federación Galega ou Española correspondente que avale o proxecto.

Tamén se lles poderá requirir que acheguen outra documentación que resulte necesaria para a correcta avaliación de requisitos e méritos alegados. O feito de non achegar a documentación requirida será causa de exclusión.

Observacións

OBRIGAS:

Prazo para resolver3 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.gal
Teléfono: 986814094
Enderezo web: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-mobilidade
Enlace a taboleiro: https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=40262122
Atrás