Secretaría Uvigo

Premios á Excelencia académica para alumnado que inicia estudos de Grao, 2024/2025

TipoPremios
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2024_2025 Exc Inicio Grao
Data inicio solicitudes04/09/2024
Data fin solicitudes23/09/2024
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/bolsas/convocatorias/index
Descripción

OBXECTO:

Incentivar a cultura do mérito e a excelencia, a través do recoñecemento ao alumnado cos mellores resultados académicos nos estudos previos ao seu ingreso na universidade, ou que teñan acadado un relevante éxito nas distintas fases das Olimpíadas científicas. 

PREMIOS:

60 premios distribuídos do seguinte xeito:

  • 5 premios ao estudantado con premio extraordinario de Bacharelato ou Ciclo Superior.
  • 5 premios ao estudantado clasificado en postos relevantes das fases internacional, nacional ou autonómica dalgunha das Olimpíadas científicas.
  • 35 premios ao estudantado con excelente resultado académico no Bacharelato.
  • 15 premios ao estudantado con excelente resultado académico no Ciclo Superior.

CONTÍA: 

A contía individual de cada premio é de 600 €.

Requisitos

Pode participar nesta convocatoria o estudantado que cumpra os seguintes requisitos:

  1. Estar matriculado no curso 2024/2025 por primeira vez en estudos de Grao en centros propios da Universidade de Vigo ou en centros adscritos de titularidade pública que imparten titulacións non impartidas en centros propios (Enfermaría Ourense, Enfermaría Pontevedra e Enfermaría Meixoeiro).
  2. Ter finalizado os estudos de bacharelato ou ciclo superior no curso 2023/2024.
  3. Cumprir algún dos seguintes requisitos académicos:
    1. Obter premio extraordinario de Bacharelato ou Ciclo Superior da Xunta de Galicia no curso 2023/2024.
    2. Estar clasificado do 1º ao 3º posto da fase autonómica, ou do 1º ao 8º posto das fases nacional ou internacional dalgunha das Olimpíadas científicas celebradas no curso 2023/2024, recoñecidas polo Ministerio de Educación e Formación Profesional, ou pola consellerías de educación das Comunidades Autónomas, ou do 1º ao 3º posto nas olimpíadas organizadas polas universidades públicas.
    3. Obter unha nota media do expediente igual ou superior a 9 puntos no Bacharelato.
    4. Obter unha nota media do expediente igual ou superior a 9 puntos no Ciclo Superior de formación profesional.

Non poden ter a condición de beneficiarios/as persoas nas que concorra algunha das circunstancias establecidas no artigo 13.2 da Lei 38/2003 Xeral de Subvencións, de 17 de novembro.

Documentacion

SOLICITUDE:

A solicitude realizarase a través do formulario en liña dispoñible na secretaría virtual da Universidade https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/bolsas/convocatorias/index  /Premio excelencia inicio grao.

O modelo específico de presentación de solicitudes é de uso obrigatorio para os interesados neste procedemento (art. 66.6 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas). Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude de xeito presencial, solicitaráselle que a presente de xeito electrónico.

  1. O prazo de presentación das solicitudes comezará o día seguinte a publicarse esta convocatoria e rematará o 23 de setembro de 2024 ás 23:59 horas (hora peninsular española).
  2. Así mesmo deberán subir, segundo corresponda, a seguinte documentación ao formulario en liña:
  • Acreditación do premio extraordinario de Bacharelato ou Ciclo Superior.
  • Acreditación da Olimpíada Científica.
  • Certificación académica do Bacharelato ou Ciclo Superior, con nota media.
  • No caso de estudos estranxeiros de bacharelato, declaración de equivalencia da nota media.

O feito de non achegar a documentación requirida será causa de exclusión.

Observacións

OBRIGAS:

A persoa beneficiaria deberá estar matriculada durante todo o curso académico 2024/2025.

Ademais o/a beneficiario/a debe cumprir as obrigas recollidas no artigo 14.1 da Lei 38/2013, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, que lle sexa de aplicación.

Prazo para resolver3 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.gal
Teléfono: 986 81 40 94
Web: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/premios
Taboeiro: https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=39698596
BDNS: https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/783504

10/10/2024 Listaxe provisoria de solicitudes admitidas e excluídas

Observacións

Establecer un prazo de alegacións a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución e ata o día 24 de outubro ás 23:59 horas (hora peninsular española)

Para tal fin deberán empregar o Formulario de alegacións existente na secretaría virtual.

Enlace ao taboleiro

 

Documentos da fase da convocatoria:

28/10/2024 Listaxe definitiva de solicitudes excluídas

Observacións

Enlace ao taboleiro

Documentos da fase da convocatoria:

30/10/2024 Listaxe provisoria de persoas con premio concedido e listaxe de agarda

Observacións

Establecer un prazo de alegacións a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución e ata o día 14 de novembro ás 23:59 horas (hora peninsular española).

Para tal fin deberán empregar o formulario de alegacións existente na secretaría virtual.

Enlace ao taboleiro

Documentos da fase da convocatoria:

20/11/2024 Listaxe definitiva de persoas con premio concedido e listaxe de agarda

Observacións

Enlace ao taboleiro

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás