Secretaría Uvigo

Bolsa Inicio Máster persoas desempregadas, 2024/2025

TipoBolsa de estudo
Organismo convocanteXunta de Galicia
Código2024_2025 BIM XUNTA
Data inicio solicitudes10/08/2024
Data fin solicitudes04/10/2024
Descripción

Axudas destinadas a persoas tituladas universitarias en situación de desemprego para a matrícula nun máster universitario oficial nas universidades galegas, curso 2024/2025

Requisitos

a) Estar en situación de desemprego na data de presentación da solicitude.
b) Ter rematados os estudos universitarios que dan acceso aos estudos do máster universitario con anterioridade ao 30 de setembro de 2023.
c) Estar matriculado no curso académico 2024/25 nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema universitario de Galicia, dun mínimo de 60 créditos, excluídos os créditos recoñecidos, validados ou adaptados.
d) No estar incluidas en los casos de beneficios y exención total de matrícula que se prevean en el decreto por el que se fijan los precios públicos por la prestación de servicios académicos y administrativos en las universidades públicas del Sistema universitario de Galicia para el curso académico 2024/25.
e) Non ter gozado desta axuda en convocatorias anteriores.

Documentacion

Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
1. DNI ou NIE da persoa solicitante.
2. DNI ou NIE da persoa representante, só no caso de actuar por medio de representante.
3. Vida laboral dos últimos 12 meses.
4. Título universitario oficial español que dá acceso ao máster.
5. Certificado da universidade correspondente en que deberá figurar o máster universitario oficial en que está matriculada a persoa solicitante, os créditos matriculados no curso académico 2024/25, excluídos os recoñecidos, validados e adaptados, e o importe dos créditos aboados polo/a alumno/a.
6. Un informe de períodos de inscrición como demandante de emprego expedido pola correspondente oficina de emprego do Servizo Público de Emprego de Galicia, que determinará o número de días de inscrición ininterrompida ata a data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

7. Certificado de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.
8. Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
9. Certificado de estar ao día no pagamento coa Axencia Tributaria de Galicia (Atriga).

No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario e achegar os documentos.
Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes 

Observacións

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal)

Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
web: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED421A
Correo electrónico: orientacion.sug@edu.xunta.es
Atrás