Secretaría Uvigo

Convocatoria interna PROGRAMA ATRAE, 2024

TipoRecursos Humanos
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoATRAE-24
Data inicio solicitudes01/07/2024
Data fin solicitudes05/07/2024
Descripción

A finalidade destas axudas é facilitar a incorporación de talento investigador consolidado, de recoñecido prestixio internacional e que acredite ter desenvolvido recentemente un período relevante da súa actividade profesional no estranxeiro, de xeito que se promova o avance cara a un SECTI máis competitivo a nivel nacional e internacional.

Requisitos

1. Requisitos exixidos pola convocatoria da AEI

a)Estar en posesión do grao de doutora cuxa data de obtención sexa anterior ao 01/01/2017. Para quen estea en posesión de máis dun doutoramento, este requisito referirase ao primeiro deles.

b)Ter estado vinculado profesionalmente con organismos de investigación estranxeiros durante, alomenos 5 anos, no período comprendido entre o 01/01/2017 e o 2/07/2024.

c) Non pertencer a algún dos corpos de funcionariado docente universitario das universidades públicas, nin ser persoal investigador funcionario de carreira ao servizo dos OPIs da AG, nin estar contratada nunha universidade pública española como profesorado contratado doutor ou baixo figuras equivalentes de axencias autonómicas. Este requisito deberá cumprirse durante toda a tramitación, dende o momento de presentación da solicitude ata a súa resolución.

d)Non ter superado un proceso selectivo ou ter resultado proposto nun concurso para o ingreso ou acceso a algún dos corpos, escalas ou prazas recollidas no apartado c). Este requisito deberá cumprirse durante toda a tramitación, dende o momento de presentación da solicitude ata a súa resolución.

2. Quen pode presentar unha candidatura pola Universidade de Vigo?

Conforme ao acordo tomado pola Comisión de Investigación realizada o 27 de xuño de 2024, pode presentar unha candidatura como IP:

 Calquera persoa de fóra da Universidade de Vigo que cumpra os requisitos sinalados pola convocatoria da AEI e ademais algunha das seguintes condicións:

- Goce dunha axuda do European Research Council (ERC) ou un financiamento equivalente nos últimos tres anos

- Sexa Highly Cited Researcher (HCR) no 2022

- Teña alomenos unha publicación en Nature ou Science nos últimos 5 anos.

- Teña un índice H elevado en Scopus que, dependendo do ámbito será maior de 40 (Científico-Tecnolóxico), maior de 30 (Xurídico-Social) ou maior de 20 (Artes-Humanidades)

A selección final das candidaturas que presentará a Universidade de Vigo será feita pola Comisión de Investigación.

Documentacion

A declaración de interese debidamente asinado debe presentarser a través da sede electrónica mediante unha instancia xenérica SXER dirixida ao Servizo de Apoio á Investigación e ao Desenvolvemento, antes do 5 de xullo de 2024 ás 23.59 horas xunto con:

 -CV da persoa candidata proposta. Débese facer especial mención aos requisitos específicos exixidos pola Universidade de Vigo sinalados no punto 4 e acreditalos documentalmente.

- Copia do título de doutora ou doutor.

A instancia xenérica pode ser presentada pola persoa que presenta a candidatura ou por quen avala a candidatura no caso de persoas alleas á Universidade de Vigo.

Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Enlace á convocatoria do Ministerio de Ciencia e Innovación: https://www.aei.gob.es/convocatorias/buscador-convocatorias/ayudas-incentivar-incorporacion-talento-consolidado-programa
Atrás