Bolsas de formación en Sistemas Informáticos, 2024/2025
Tipo | Bolsa de formación |
Organismo convocante | Universidade de Vigo |
Código | 2024_2025 Sistemas Informáticos |
Data inicio solicitudes | 28/06/2024 |
Data fin solicitudes | 31/07/2024 |
Enderezo formulario para solicitude online | https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/13576 |
Descripción | OBXECTO: O obxecto da bolsa é fomentar unha mellor formación teórica e práctica do estudantado, colaborando, en réxime de compatibilidade cos seus estudos, en actividades vinculadas á titulación na que se matricula. DURACIÓN E DESENVOLVEMENTO DO PERÍODO FORMATIVO: A duración máxima do período formativo será de 10 meses. Non se iniciará antes do 16 de outubro de 2024 e finalizará o 31 de xullo de 2025. O número de horas de colaboración será de 20 horas semanais para as bolsas-20, de 15 horas semanais para as bolsas-15 e de 10 horas semanais para as bolsas-10 CONTÍA: A contía bruta será como máximo de:
|
Requisitos | Pode solicitar a bolsa o estudantado que cumpra os seguintes requisitos:
Non poderán ter a condición de beneficiario/a as persoas nas cales concorra algunha das circunstancias establecidas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións. |
Documentacion | SOLICITUDE: As persoas solicitantes deberán empregar o formulario en liña no seguinte enlace https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/11466, descargalo e presentalo na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) a través da instancia xenérica (SXER) existente na sede. No asunto indicará “Bolsas formación sistemas informáticos” e achegará unicamente o formulario coa solicitude. Só se poderá presentar unha solicitude por persoa. No caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de presentación, poderán dirixirse ao enderezo electrónico sede@uvigo.gal. O modelo específico de presentación de solicitudes é de uso obrigatorio para as persoas interesadas neste procedemento (art. 66.6 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas). PRAZO: O prazo de presentación das solicitudes comeza o día seguinte de publicarse esta convocatoria e remata o 31 de xullo de 2024 ás 23:59 horas (hora peninsular española). DOCUMENTACIÓN: Deberán subir a certificación académica dos estudos realizados, no caso de que se realizaran nunha universidade distinta á de Vigo. A non presentación da documentación necesaria para a comprobación dos requisitos será causa de exclusión. |
Prazo para resolver | 3 meses |
Silencio administrativo | Desestimatorio |
Documentos da convocatoria | |
Ligazóns da convocatoria | |
Teléfono: | 986814094 |
Web:: | https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-formacion |
Enlace a taboleiro: | https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=38699973 |
Correo electrónico: | bolsasformacion@uvigo.gal |
02/09/2024 Listaxe provisoria de solicitudes admitidas e excluídas
Observacións | |
Alegacións a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución e ata o día 9 de setembro ás 23:59 horas (hora peninsular española) Para tal fin deberán empregar o formulario de alegacións existente na Secretaría Virtual. | |
Documentos da fase da convocatoria: | |
18/09/2024 Listaxe definitiva de solicitudes excluídas
Observacións | |
Documentos da fase da convocatoria: | |
20/09/2024 Listaxe provisoria de solicitudes con bolsa concedida e listaxe de agarda
Observacións | |
Alegacións a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución e ata o día 27 de setembro ás 23:59 horas (hora peninsular española). As persoas interesadas deberán empregar para tal fin o formulario de alegacións existente na Secretaría Virtual. | |
Documentos da fase da convocatoria: | |
01/10/2024 Listaxe definitiva de persoas con bolsa concedida e listaxe de agarda
Observacións | |
Documentos da fase da convocatoria: | |