Bolsas de formación das unidades e áreas 2024/2025
| Tipo | Bolsa de formación | 
| Organismo convocante | Universidade de Vigo | 
| Código | 2024_2025 Unidades e Áreas | 
| Data inicio solicitudes | 21/06/2024 | 
| Data fin solicitudes | 26/07/2024 | 
| Enderezo formulario para solicitude online | https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/13577 | 
| Descripción | O obxecto da bolsa é fomentar unha mellor formación teórica e práctica do estudantado, colaborando, en réxime de compatibilidade cos seus estudos, en actividades vinculadas á titulación en que se matricula. DURACIÓN E DESENVOLVEMENTO DO PERÍODO FORMATIVO A duración máxima do período formativo será de 8 meses e 15 días. Non se iniciará antes do 16 de outubro de 2024 e finalizará o 30 de xuño de 2025. O número de horas de colaboración será de de 15 horas semanais para as bolsas-15 e de 10 horas semanais para as bolsas-10. Realizaranse tendo en conta os períodos lectivos e non lectivos do curso académico e a carga lectiva do bolseiro/a, quen poderá distribuír e compensar ata un 20% das horas de dedicación dun mes entre distintas semanas dentro do mesmo mes. A contía individual será como máximo de 360€/mes para as bolsas de 15 horas e 240 €/mes para as bolsas de 10 horas. Estará suxeita á retención do IRPF e ás obrigas de cotización á Seguridade Social (cota obreira) que estableza na normativa vixente nestas materias. | 
| Requisitos | Pode solicitar a bolsa o estudantado que cumpra os seguintes requisitos: 
 | 
| Documentacion | As persoas solicitantes deberán empregar o formulario en liña no seguinte enlace https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/13577, descargalo e presentalo na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) a través da instancia xenérica (SXER) existente na sede. No asunto indicará “Bolsas formación unidades e áreas” e achegará unicamente o formulario coa solicitude. Só se poderá presentar unha solicitude por persoa. O prazo de presentación das solicitudes comeza o día seguinte de publicarse esta convocatoria e remata o 26 de xullo de 2024 ás 23:59 horas (hora peninsular española). As persoas solicitantes establecerán unha orde de prioridade nas bolsas solicitadas que será vinculante. Xunto coas solicitudes deberán subir ó formulario en liña (non hai que subir a documentación á Sede Electrónica) a seguinte documentación: 
 Tamén se lles poderá requirir que acheguen outra documentación que sexa necesaria para a correcta avaliación dos requisitos e dos méritos alegados. | 
| Prazo para resolver | 3 meses | 
| Silencio administrativo | Desestimatorio | 
| Documentos da convocatoria | |
| Ligazóns da convocatoria | |
| Teléfono: | 986814094 | 
| Web: | https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-formacion | 
| Enlace a taboleiro: | https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=38560732 | 
| Correo electrónico: | bolsasformacion@uvigo.gal | 
03/09/2024 Listaxe provisoria de solicitudes admitidas e excluídas
| Observacións | |
| Establecer un prazo de alegacións a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución e ata o día 10 de setembro ás 23:59 horas (hora peninsular española) Para tal fin deberán empregar o formulario de alegacións existente na Secretaría Virtual. | |
| Documentos da fase da convocatoria: | |
18/09/2024 Listaxe definitiva de solicitudes excluídas
| Observacións | |
| Documentos da fase da convocatoria: | |
01/10/2024 Listaxe provisoria de solicitudes con bolsa concedida e listaxe de agarda
| Observacións | |
| Establecer un prazo de alegacións a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución e ata o día 8 de outubro ás 23:59 horas (hora peninsular española) As persoas interesadas deberán empregar para tal fin o formulario de alegacións existente na Secretaría Virtual. 
 | |
| Documentos da fase da convocatoria: | |
16/10/2024 Listaxe definitiva de persoas con bolsa concedida,denegada e listaxe de agarda
| Observacións | |
| Documentos da fase da convocatoria: | |
Renuncias e nomeamentos
| Documentos da fase da convocatoria: | |
