Secretaría Uvigo

CONVOCATORIA DE PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE DOUTORAMENTO 2023-2024

TipoPremios extraordinarios de doutoramento
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoPED-2024
Data inicio solicitudes12/09/2024
Data fin solicitudes25/09/2024
Descripción

Convocatoria de Premios Extraordinarios de Doutoramento para as tesis lidas no curso académico 2023-2024. 

Requisitos

Os/as aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos:
1. Ter defendido a súa tese de doutoramento na Universidade de Vigo entre o 1 de setembro 2023 e o
31 de xullo de 2024.
2. Que a tese de doutoramento acadase a mención “Cum Laude”.
3. Ter presentado no prazo establecido a documentación referida na sección 3 “Presentación
formal de candidaturas”.

Documentacion

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través da “Instancia de participación 
nos premios extraordinarios de doutoramento”, dispoñible no catálogo de procedementos (“Premios 
Extraordinarios de Doutoramento 2024”) da sede electrónica da Universidade de Vigo, 
https://sede.uvigo.gal.

Dito formulario contén un apartado coa listaxe das contribucións máis relevantes derivadas da tese. Para 
cada contribución incluirase unha breve descrición recalcando o seu impacto e a súa participación nela. 
O número máximo de contribucións será o seguinte:
i. Cinco contribucións nos ámbitos de Arte e Humanidades, Enxeñaría e 
Arquitectura e Xurídico-Social.
ii. Dez contribucións no ámbito de Ciencias

Prazo para resolver6 meses
Documentos da convocatoria

Relación provisional de tribunais encargados elaborar proposta de concesión dos PED 2023-2024

Descrición

Publicación da relación provisional de tribunais encargados de elaborar a proposta de concesión dos Premios Extraordinarios de Doutoramento correspondentes ao curso académico 2023-2024

Documentos da fase da convocatoria:

Relación definitiva dos tribunais encargados elaborar proposta de concesión dos PED 2023-2024

Descrición

Resolución Reitoral pola que se publica a relación definitiva dos tribunais encargados de elaborar a proposta de concesión de Premios Extraordinarios de Doutoramento correspondentes ao curso académico 2023-2024

Documentos da fase da convocatoria:

Actas de constitución dos tribunais dos Premios Extraordinarios de Doutoramento

Descrición

Con data de hoxe, publícase no taboleiro electrónico da Universidade de Vigo e na web da EIDO as Actas de constitución dos tribunais encargados de elaborar a proposta de concesión dos Premios Extraordinarios de Doutoramento, correspondentes ao curso académico 2023-24. Nas Actas recóllense os criterios de concesión e o baremo fixado, segundo o ámbito do tribunal.
Ao día seguinte desta publicación, ábrese un prazo de 5 días hábiles para formular alegacións aos criterios fixados polos tribunais, a través da instancia xenérica da sede electrónica da Uvigo https://sede.uvigo.gal . Este prazo que remata o 31 de xullo de 2024.

 

Documentos da fase da convocatoria:

Listaxe provisional de posibles persoas candidatas PED co campo cneai asignadot

Descrición

Publicación da listaxe provisional de posibles candidatos/as aos premios, con indicación do
campo CNEAI asignado e da posesión ou non da Mención Internacional, de Cotutela
ou doutoramento industrial: Anexo I
Ábrese un prazo de 5 días hábiles a partir do día seguinte da súa publicación, para que
as persoas relacionadas poidan presentar alegacións ao contido da listaxe provisional.
No caso de desacordo coa asignación de campo CNEAI, poderán presentar ante a
dirección da Eido unha proposta de asignación diferente, debidamente argumentada e
documentada, dentro do mesmo prazo, a través da instancia xenérica da sede
electrónica da Universidade de Vigo, https://sede.uvigo.gal.
Unha vez rematado o prazo publicarase a listaxe definitiva que non admitirá cambios na
asignación do campo CNEAI.

Documentos da fase da convocatoria:

Numero de Premios e listaxe definitiva de persoas candidatas

Descrición

Resolución Reitoral co número de premios e a súa distribución por ámbitos, xunto coa listaxe definitiva de persoas candidatass aos Premios Extraordinarios de Doutoramento correspondente ao curso académico 2023-2024.

Documentos da fase da convocatoria:

Listaxe provisional de solicitudes admitidas a trámite e excluidas

Descrición

Publicación da  listaxe PROVISIONAL de solicitudes admitidas e excluídas para optar aos Premios Extraordinarios de Doutoramento 2023-24 

Documentos da fase da convocatoria:

Listaxe definitivo de solicitudes admitidas e excluídas PED

Documentos da fase da convocatoria:

Actas puntuacións provisionais dos tribunais

Descrición

con data de hoxe publicanse as Actas coas puntuacións provisionais outorgadas polos tribunais de cada ámbito encargados de elaborar a proposta de concesión dos Premios Extraordinarios de Doutoramento. 

Observacións

Ábrese un prazo de 5 días hábiles a partir do día seguinte da súa publicación, para que as persoas relacionadas poidan presentar alegacións ao informe provisional, se as houbese. Na fase de alegacións non será admitida información adicional á presentada na solicitude admitida a trámite.

Unha vez rematada a fase de alegacións e a partires dos informes de valoración definitivos e os criterios de concesión, a EIDO publicará a proposta de adxudicación dos premios extraordinarios de doutoramento que será elevada ao Consello de Goberno.

Documentos da fase da convocatoria:

Actas puntuacións definitivas dos tribunais

Descrición

con data de hoxe publicanse as Actas coas puntuacións definitivas outorgadas polos tribunais de cada ámbito encargados de elaborar a proposta de concesión dos Premios Extraordinarios de Doutoramento.

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás