Secretaría Uvigo

Bolsas de Mobilidade en proxectos de cooperación curso 23/24

TipoMobilidade estudantes
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2023_2024 Mobilidade en proxectos de cooperación
Data inicio solicitudes08/04/2024
Data fin solicitudes22/04/2024
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/bolsas/convocatorias/index
Descripción

OBXECTO

Por medio desta bolsa o estudantado de grao ou mestrado oficial da Universidade de Vigo poderá realizar unha estadía vinculada a un axente de cooperación no marco dun proxecto ou acción de cooperación nun pais dos sinalados nesta convocatoria, e que o traballo que desenvolva sexa validado no marco de traballos de fin de carreira, prácticas, ou traballos recoñecidos no marco de materia.


O obxectivo desta acción é a sensibilización do estudantado a través da súa participación nos proxectos de Cooperación internacional para o Desenvolvemento, co fin de que integren elementos teóricos e prácticos adquiridos na súa formación académica e contribúan como universitarios e cidadáns comprometidos cos retos globais contidos na Axenda 2030.

Requisitos

a) Estar matriculado no curso 2023/2024 nunha titulación de Grao ou Mestrado oficial da Universidade de Vigo.
b) Ter superado o 50% dos créditos da titulación de Grao.
c) Realizar a estadía nun dos países establecidos no IV e no V Plan Director da Cooperación Española, Países de Asociación Menos Avanzados (Cabo Verde, Guinea Bissau, Etiopía, Malí, Mauritania, Mozambique, Níxer, Senegal e Haití) ou nos Países de Asociación de Renda Media (Bolivia, Colombia, Cuba, Ecuador, O Salvador, Filipinas, Guatemala, Honduras, Marrocos, Nicaragua, Palestina, Paraguai, Perú e República Dominicana).
d) Comprometerse a realizar prácticas, un traballo académico con recoñecemento curricular ou defender o Traballo Fin de Estudos, no curso 2023/2024 ou 2024/25 en temáticas relacionadas con:
• Axenda 2030 e os obxectivos de desenvolvemento sostible.
• Cooperación ao desenvolvemento: cooperación financeira; cooperación técnica; axuda alimentaria e axuda humanitaria; principios e fundamentos xurídicos; política e xestión; cooperación e muller; dereitos humanos; ONGD e outros actores da cooperación ONGD; cooperación empresarial; cooperación universitaria.
e) Contar coa aceptación dun axente de cooperación responsable do proxecto de cooperación no exterior (ONGD, Asociación, Fundación, Universidade)
f) Contar co visto e prace dun/dunha profesor/a da UVigo, no que se reflicta o interese formativo da estadía, en que constarán as indicacións do recoñecemento curricular que poidan supoñer para o/a estudante (prácticas, materias, ou traballo fin de estudos).
g) Para aqueles países cuxo idioma oficial non sexa nin español nin portugués cómpre acreditar, segundo o Marco Común Europeo de Referencia, o nivel B1 de inglés/ francés.
h) Non poderán ter a condición de beneficiarios/as persoas que residan habitualmente no país no que se solicita a estadía.
i) Deberán presentar declaración responsable segundo modelo (Anexo V)

Documentacion

SOLICITUDES

A solicitude realizarase a través do formulario en liña dispoñible na secretaría virtual da Universidade https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/bolsas/convocatorias/index / Bolsa de mobilidade proxectos cooperación

No formulario en liña achegarase a seguinte documentación:

a) Documentación acreditativa da formación e/ou experiencia en voluntariado e cooperación ao desenvolvemento.
b) Documentación acreditativa do idioma, B1 de inglés/francés
c) Plan de traballo individualizado que conterá unha descrición do traballo a realizar no marco do TFG/TFM, a súa motivación, obxectivos, actividades e resultados esperados. (Anexo II)
d) Informe dun/dunha profesor/a da UVigo, na que se reflicta o interese formativo da estadía, no que constarán as indicacións do recoñecemento curricular que poidan supoñer para o/a estudante (prácticas de materias, proxecto fin de carreira ou traballo de materias). (Anexo III)
e) Carta de acollida e presentación do proxecto asinada pola organización ou persoa coordinadora do proxecto de acollida. (Anexo IV)
f) Declaración responsable. (Anexo V)

Observacións

As persoas beneficiarias das bolsas están obrigadas a:

  • Antes da estadía:
  1. Asistir á formación organizada pola UVIGO e a entidade de cooperación.
  2. A xestionar a súa viaxe, aloxamento, vacinacións e de ser o caso tramitar o visado e realizar calquera outra xestión necesaria para asegurar a permanencia no destino durante a duración do estadía.
  3. Comunicar calquera proposta de cambio de datas, que deberá ser autorizada previamente.
  • Durante a estadía:
  1. Enviar por correo electrónico a bolssformacion@uvigo.gal  a súa chegada ao pais de destino xustificante de inicio de estadía asinado polo/a titor/a da entidade de acollida
  2. Cumprir co plan de traballo presentado na solicitude. Calquera modificación (de datas, centro de destino...) deberá ser autorizada pola vicerreitora de Benestar, Equidade e Diversidade, á vista dos informes dos/as titores/as.
  3. Cumprir a normativa vixente relativa ás prácticas externas establecidas pola universidade de Vigo, responsabilizándose da tramitación dos documentos que corresponda.
  • Ao finalizar a estadía:
  1. Presentar un informe do/a titor/a da entidade de acollida que recolla a data de fin da estadía e o grao de desempeño.
  2. Presentar unha memoria xustificativa do traballo realizado, resultados acadados e coñecementos adquiridos, que deberá contar co visto e prace do/a profesor/a.
  3. Cubrir unha enquisa de satisfacción ao regreso da estadía.
  • Deberá presentar na Vicerreitoría de Benestar, Equidade e Diversidade documentación visual da súa estadía (fotografías ou vídeos en formato .JPG) e da súa participación no En todo o material que se xere das actividades que se desenvolvan no marco desta convocatoria deberá constar que se levaron a cabo con financiamento da Universidade de Vigo.
  • Participar, no caso de que se lle requira, nunha actividade de sensibilización que determinará a Vicerreitoría de Benestar, Equidade e Diversidade, en que relatará a súa experiencia no terreo
  • Defender o traballo fin de estudos, matricularse/recoñecer as prácticas, ou a materia relacionada coa actividade, segundo sexa o caso, no curso 2023/2024 ou 2024/2025.
Prazo para resolver3 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Correo electrónico: Enderezo electrónico
Teléfono: 986 81 40 94
Web: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-mobilidade
Taboleiro: https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=37302923

29/04/2024 listaxe provisoria de solicitudes admitidas e excluídas

Observacións

Alegacións a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución e ata o día 7 de maio ás 23:59 horas (hora peninsular española)

Formulario de alegacións 

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás