Secretaría Uvigo

Axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral da Xunta de Galicia_Procedemento interno

TipoRecursos Humanos
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoPOSDOU_XUNTA_24
Data inicio solicitudes23/02/2024
Data fin solicitudes19/03/2024
Descripción

Convocatoria de axudas pola Xunta de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva, para a contratación de persoas tituladas superiores que obtiveran o recoñecemento do título de doutora ou doutor para a súa formación nos centros, unidades ou departamentos das universidades do SUG permitindo nunha primeira fase a mellora das súa capacidades mediante estadías de investigación posdoutoral no estranxeiro.Así mesmo terá como finalidade darlle continuidade á súa carreira investigadora, nunha segunda fase da axuda, que posibilitará un perfeccionamento na súa formación e o establecemento dunha liña de investigación propia que lles permita, nun futuro, consolidar a súa traxectoria.

Requisitos

Os sinalados no artigo 2 da convocatoria de axudas. 

ORDE do 27 de decembro de 2023, conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (códigos de procedemento ED481B e IN606B).

Documentacion

1ª FASE DE PRESELECCIÓN INTERNA

As persoas interesadas que cumpran os requisitos deberán presentar unha declaración de interese conforme ao modelo facilitado, xunto cos documentos indicados no procemento interno para a presentación de candidaturas, antes das 14.00 horas do día 29 de febreiro de 2024.

Trala publicación do acordo da Comisión de Investigación coa listaxe de persoas preseleccionadas, única e exclusivamente estas, deberán seguir o establecido da segunda fase para presentar unha candidatura pola Universidade de Vigo.

2ª FASE: PROCEDEMENTO PARA PRESENTAR UNHA CANDIDATURA UNICAMENTE PARA PERSOAS PRESELECCIONADAS

Modificado polo acordo da Comisión de Investigación do 04/02/2023, todas as persoas que presentaron unha declaración de interese en prazo e cumpren os requisitos poden presentar unha solicitude de axuda, pero a Universidade de Vigo non facilitará a declaración de que a persoa candidata desenvolverá a súa investigación nun departamento, unidade de traballo ou equivalente no que existan necesidades docentes e/ou investigadoras estratéxicas, na fronteira da ciencia, vinculado con tecnoloxías disruptivas ou de alto impacto. 

Conforme ao establecido no procedemento interno para presentar unha candidatura pola Universidade de Vigo.

CALENDARIO PARA TRAMITACIÓN: 

- 7 de marzo data límite para enviar o certificado de grupo/centro/Oportunius dos recollidos no artigo 12.2.1. da convocatoria conforme ao modelo facilitado mediante mensaxe a vicinva1@uvigo.gal para sinatura da representante legal.

-18 de marzo ás 9.00 horas data límite para compartir o borrador na sede da Xunta de Galicia.

Observacións

É responsabilidade das persoas interesadas en presentar unha candidatura ler con atención as bases que rexen a convocatoria.

É imprescindible seguir as indicacións contidas no procedemento interno publicado nesta convocatoria e ser preseleccionada para poder presentar unha candidatura ás axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral da Xunta de Galicia pola Universidade de Vigo. 

 

Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Cadro de PDI teórico_ Universidade de Vigo: https://www.uvigo.gal/estudar/organizacion-academica/cadro-pdi
Estruturas de investigación_Universidade de Vigo: https://www.uvigo.gal/investigar/investigacion-producion-cientifica/estruturas-investigacion
Secretaría Xeral de Universidades: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/42420
Atrás