Secretaría Uvigo

Axudas á etapa predoutoral da Xunta de Galicia 2024_procedementos internos

TipoRecursos Humanos
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoPREDOU_XUNTA_24
Data inicio solicitudes20/02/2024
Data fin solicitudes19/03/2024
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED481A&ano=2024&numpub=1&lang=gl
Descripción

Axudas destinadas ao apoio da etapa predoutoral para a contratación de persoas tituladas superiores para a súa formación co obxectivo da obtención do título de doutora ou doutor e a adquisición das competencias e habilidades relacionadas coa investigación dentro dun programa de doutoramento. 

A duración do contrato non poderá ser inferior a un ano nin exceder os catro. Se se concertase un
contrato de duración inferior a catro anos, poderá prorrogarse sucesivamente sen que, en ningún
caso, as prórrogas poidan ter unha duración inferior a un ano. Sen prexuízo do anterior, no suposto
de que a persoa investigadora xa estivese contratada baixo esta modalidade e o tempo que reste ata
o máximo de catro anos sexa inferior a un ano, poderá concertarse o contrato ou a súa prórroga polo
tempo que reste ata os catro anos.

Requisitos

Os sinalados no artigo 2.4 da convocatoria de axudas.

Documentacion

Prazo límite para presentar a declaración de intencións: 28 de febreiro de 2024. 

Prazo límite para enviar a vicinva1@uvigo.gal a certificación de subvención do grupo ao que pertence a persoa que dirixe a tese: 6 de marzo de 2024. 

Prazo límite para compartir o borrador (e correo electrónico a seccion.rrhh.investigacion@uvigo.gal): 13 de marzo de 2024.

 

 

Observacións

Para poder presentar unha candidatura pola Universidade de Vigo, deben seguirse necesariamente as indicacións sinaladas no procedemento interno que se publica xunto con esta convocatoria.

Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Secretaría Xeral de Universidades: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/42418
Atrás