Secretaría Uvigo

Axudas ao estudo UVIGO 2023/2024

TipoBolsa de estudo
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2023_2024_BPUVIGO
Data inicio solicitudes30/01/2024
Data fin solicitudes26/02/2024
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/
Requisitos

Para obter esta axuda non podes ter concedida a bolsa xeral do MEFP

Consultar na convocatoria:

  • requisitos xerais
  • requisitos académicos
  • requisitos económicos
Documentacion

Xunto coa solicitude achegarase a seguinte documentación:
- O Anexo II asinado por cada membro da unidade familiar
- Certificado municipal conxunto correspondente a 31 de decembro de 2022 nos seguintes casos:

    • Viuvez, separación e/ou divorcio do/a sustentador/a principal.
    • Independencia económica e familiar da persoa solicitante
    • Se hai ascendentes dos pais ou irmáns/ás maiores de 25 anos con discapacidade residindo no domicilio familiar.

- Sentenza de divorcio ou convenio regulador, de ser o caso.
- Se te declaras independente: documentación xustificativa de dispoñer dos medios económicos suficientes para facer fronte aos gastos, contrato de aluguer e xustificación de ingresos.
- Documentación acreditativa das situacións que dan dereito a dedución no cálculo da renda:

1. Título familia numerosa.
2. Acreditación de orfandade absoluta.
3. Certificado de discapacidade (do/a solicitante, irmáns e fillos/as do solicitante).
4. Irmáns estudantes universitarios residentes fora do domicilio familiar durante o curso anterior 2022/2023 (expediente académico e contrato de aluguer).

- Documentación acreditativa dos ingresos percibidos no estranxeiro polos membros da unidade familiar do ano 2022.

- Documentación acreditativa dos ingresos percibidos no ano 2022 exentos de IRPF (RISGA, pensión de orfandade, pensión de incapacidade...)

- No caso de residir fora do domicilio familiar e a distancia entre este e o centro universitario sexa inferior a 40 km achegarase contrato de aluguer ou xustificante da residencia que abranga o curso académico, os horarios docencia selados e os horarios dos medios de transporte público colectivo.

Observacións

Instruccións para presentar a solicitude:

A solicitude realizarase a través do formulario en liña dispoñible na web da Universidade: http://secretaria.uvigo.gal/ deberá rexistrarse e seleccionar "bolsas propias de estudos/AXUDAS AO ESTUDO".

Inclúe a documentación que acredite o cumprimento dos requisitos

IMPORTANTE: Para calquera dúbida contacta coa Sección de Axudas e Bolsas no teléfono 986 81 36 11 ou no correo electrónico bolsas@uvigo.es

 

Prazo para resolver6 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Teléfono: 986 81 36 11
Correo electrónico: bolsas@uvigo.es
web: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-estudo
Taboleiro: https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml;jsessionid=1E86B9E95A3EB538D203C9A2D1DD83EC?idtaskdata=36113385

01/04/2024 Listaxe provisoria de solicitudes admitidas e excluidas

Observacións

Alegacións a partir do día seguinte ó da publicación e ata o día 15 de abril ás 23:59 (hora peninsular española)

Enlace ao taboleiro

 

Documentos da fase da convocatoria:

18/04/2024 Listaxe definitiva de solicitudes excluidas

Descrición

Enlace ao taboleiro

Observacións

O prazo para interpoñer o recurso remata o 20 de maio de 2024 ás 23:59 (hora peninsular española).

O recurso podes presentalo na Universidade de Vigo a través da sede https://sede.uvigo.gal/ , presencialmente nos rexistros dos tres campus ou a través de calquera das dependencias contempladas artículo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Documentos da fase da convocatoria:

24/04/2024 Ampliación de crédito na convocatoria de Axudas ao estudo

Descrición

Enlace ao taboleiro

Documentos da fase da convocatoria:

10/05/2024 Listaxe Provisoria de bolsas concedidas e listaxe provisoria de solicitudes en lista de agarda

Descrición

Alegacións a partir do día 13 de maio ata o día 27 de maio ás 23:59 (hora pensinsular española)

Observacións

Enlace ao taboleiro

Enlace ao taboleiro da corrección de erros

Documentos da fase da convocatoria:

10/07/2024 Listaxe definitiva de bolsa concedidas

Descrición

Enlace ao Taboleiro

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás